miércoles, 18 de junio de 2014

Comida, non discriminación

Benvid@s de novo,

  No último mes estamos a ver na primeira plana dos noticiaros constantes novas sobre a grave situación de insuficiencia e precariedade na alimentación que sofren os nenos no estado español. Situación esta, que moitos xa sinalaran hai meses pero que ata a chegada do verán quedou no caixon dos periodistas e medios de comunicación.
  Máis concretamente na nosa comunidade, puidemos escoitar as palabras dun deputado do @PPopular, que parecia máis preocupado da imaxe dada polas posibles accións de axuda e auxilio aos nenos, nesta situación, que pola gravísima situación que estes pasan. Máis tarde, tentou camuflar as suas palabras dándolles un sentido de preocupación pola posible discriminación que poderían sufrir os nenos que acudiran e solicitaran estas axudas.

  Pois ben, dende este pequeno rincón queremos dicirlle o señor deputado Ramón Rodríguez que é un caradura, un egoísta, un dexenerado.. un neno sen recursos, que acuda a un colexio no verán, para poder ter unha boa comida diaria, só podería ser discriminado por xentuza que comparta os seus mesmos adxetivos, e afortunadamente, desa xente en Galicia hai pouca e case toda na política. Que ainda así existen mil maneiras de camuflar ou adornar o feito de acudir o comedor; clases de apoio, concursos, campamentos.. e nin sequera preciso dos centos de asesores que teñen vostedes na Xunta para axudarlles a encontrar maneiras de facer máis levadeira e amigable a esperiencia para os nenos. E que dende logo, que automaticamente non presente a dimisión só acentúa todas as calificaciones anteriormente mencionadas.
  En que mundo estamos a vivir, no que un representante do pobo, dí estas barbaridades, en que mundo vivimos para que non se desculpe automaticamente e ainda a xente acepte unhas desculpas absurdas e quede tan ricamente, como se hai uns días non fixera tambalearse todo o que é decente neste mundo.

  Últimamente as cousas só van a peor, as situacións cada día máis extremas, o comportamento dos nosos representantes cada vez máis dexenerado e os medios cada día máis comprados.
  Compañeiros, de esta situación non nos vai sacar nadie, non podemos esperar ó príncipe do conto, desta só se sae loitando cada día polo noso, protestando na rua, e xuntandose. Os seguintes anos serán como un éxodo polo deserto, necesitamos ser cada vez máis colaborativos, derrubar eses muros que puxemos nos últimos anos, e volver os orixes da nosa terra, volver a traballar co veciño, deixar as disputas e as rifas e falar máis entre nos; pero sobre todo, botar fora a todos eses políticos que levan anos vivindo de nos coma verdadeiras sanguessugas e que nos fan tanto mal. E tempo de voltar a cooperativa e os economatos, de tentar buscar alternativas sociais os problemas que surxen a diario.

  Por finalizar o post, entre comida e discriminación, escollo comida, porque é básico, é máis importante, e é precisa unha resposta inmediata. E entre vostede señor deputado e un mono, prefiro o mono, que polo menos está calado.

Boa sorte e ata o seguinte,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as