viernes, 8 de abril de 2011

Fukushima

Sempre sorprendeume a facilidade da sociedade pra esquecer e seguir adiante. Pareceme unha habilidade unica e inestimable nalguns casos e sorprendentemente hipocrita na maioria deles.

Apenas fai un mes os periodicos de medio mundo ocupaban as suas portadas con fotos e relatos da crisis mundial, provocada polas explosions na central de Fukuxima. Foron longos dias nos que se transmitia a impresion de inquedanza, de urxencia, de desastre... A dia de hoxe e estando o problema moi lonxe de calquera solucion, as noticias abandonaron completamente a Fukuxima da sua actividade diaria, so quedan pequenos comentarios para rechear telediarios que non fan mais que sobrevoar as novas.

Fukuxima segue morrendo, segue danando o planeta, segue a modifica-la vida dun pais e do seu futuro pero xa non e noticia, o suspense desapareceu e coma se dunha mala novela de misterio se tratase, unha vez resolta a trama xa non hai motivo de seguir a ler a historia.
A verdade e que os maiores interrogantes seguen sin resolver ¿canto se tardara en recuperar a zona? ¿existen culpables da catastrofe? ¿hai mais centrales en risco?... Son cuestions sin resposta que ninguen plantexa xa, porque hoxe en dia os periodistas son expertos en vender historias coma os bos literatos e a verdade xa non vende, o que vende son as historias e desta xa se sabe a fin.

domingo, 3 de abril de 2011

Xapon

Non tenho palabras suficientes para describir o sentimento que me provocou o sucedido en Xapon. Un pobo xamais deberia sufrir tan amargamente, tan profundamente.

A natureza volvenos mostrar a mais dura realidade, a realidade da nosa debilidade, o noso lugar dentro do mundo e o seu poder mais absoluto. Debemos mostrar a nosa soidaridade co pobo xapones, cun pobo que sufre e intenta manterse erguido tras un golpe tan duro.

Sintoo moito!

Libia

Pouco mais podo aportar a este conflicto que a minha opinion reflexada no anterior post. O que si queria matizar neste caso ou mais ben recordar e que, quen ahora e o obxetivo numero 1 para todos en occidente, un dictador e asesino, foi fai pouco tempo considerado aliado na rexion e fai un pouco mais de tempo era un protector de terroristas e obxetivo prioritario americano.

E raro para calquera aprender leccions eticas de quenes segun o crudo que estea na balanza decantanse por unha ou outra moralidade. Agora atacamos un dictador e chamamolo asasino, manha defenderemos a outro y chamaremolos "peza clave na rexion". De verdade estamos moralmente calificados pra intervir?

sábado, 2 de abril de 2011

O mundo en guerra

No ultimo mes estamos a ver protestas e revueltas no mundo pedindo liberdade. Atentos os que fan os libros de historia xa que semella que tocara reflexar outro paso axigantado na busqueda dun mundo mellor.

Alegrame poder comprobar que os pobos con menos liberdades estanse a mover na busqueda dun  futuro mellor para todos.

Agora adxunto a minha reflexion. E boa idea que os paises democraticos intervenhan nestes conflictos?. Duas caras:
-O normal seria apoiar todalas revoltas que busquen unha democracia coma forma de goberno. Se cadra seria o mellor caminho pero eso exise que a ONU encabece todalas intervencions en todalas revoltas por moi "amigo" que se considere o dictador de turno. E trala revolta faga supervision das primeiras eleccions e da primeira constitucion. Todo este belicismo traeria un coste humano elevado que os paises e pobos democraticos deberian pagar e aceptar por un futuro mellor ademais de que non se poderia intervir nas futuras decisions dos pobos democratizados.
-Cada pobo ten qye loitar polas suas liberdades. Neste caso os paises democraticos tenhen que aceptar o que pase nas revoltas e mirar cara outro lado. Se cadra vese unha decision cruel pero asi ocorreu nos nosos paises e ninguen veu a axudarnos. Podemolo chamar evolucion social.

Cal destes caminhos e a mellor solucion non se pode decidir con facilidade. A historia diria que o segundo pero neste caso os pobos xa foron influidos por nos. Manexan armas dunha destruccion moi superior que no noso tempo. Quizais terminar dunha vez o que comezamos a facer hai anos e conseguir democracia para todo o mundo sexa o mellor.
Mentres voltamos a mostrar a peor das nosas caras e facemos as cousas por interes. Intervir solo en Libia volve a dar unha penosa imaxe de occidente e volve dicir de nos que so nos move o peteoleo e o dinheiro.

Nolesvotes

Dende aqui mando o maximo apoio a este movemento. Fora da protesta en contra da lei sinde, creo que estase a convertir nun exemplo democratico de protesta, reflexion e libertade que facia tempo a xente necesitaba.

Sempre fun un pouco esceptico ante estes movemetos pois na minha vida puiden comprobar, e mais dende Galicia, que a xente e moi cobarde e o final termina cedendo e votando unhas cores en lugar dunas promesas ou ideais.

Confio en que acaden moito seguemento, confio en que non morra co tempo e sonho con que sexa a mecha dun cambio que coma noutros lugares do planeta, faga a xente darse conta da realidade e voltar a loitar polas suas ideas.

A lei Sinde

Fai xa tempo que non escribo nada. Non tenho escusas e espero poder ponherme o dia co blog.
Para comezar gustariame falar brevemente da Lei Sinde.

He unha vergonha e dende logo un acto anticonstitucional que unha serie de politicos decidan defender os dereitos dun lobby empresarial antes cos dos seus representados. Coma sempre teremos que esperar anos antes de darnos conta do verdadeiro alcance desta lei, xa que ainda hai xente que considera que o relacionado con internet non lle afecta e non son capaces de ver que a lei aprovada pode estar a altura das primeiras leis promulgadas en contra da liberdade de expresion e de pensamento.

Demostremos o noso enfado con estes partidos apoiando a nolesvotes e mostremoslles os actuais politicos que ainda pensamos e decidimos coma individuos