viernes, 25 de julio de 2014

Día da patria galega

Benvid@s,

  Entrada rápida para felicitar a todos os galegos polo mundo no día da nosa patria.

  Alento as iniciativas galeguistas dende este blog, separatistas ou non, nacionalistas ou non, xuntos por un sentimento, unha lingua e unha historia.
  Desexos de unidade entre galeguistas, porque por riva de diferencias e formas, o obxetivo e o mesmo para todos, preservar e defender unha identidade propia. Basta xa de separación nos momentos importantes, fronte común ante obxetivo común.
 
  Como mensaxe respeto a nosa historia, os que sempre nos tachan de mirar a seculos pasados dicirlles que é de ignorantes e idiotas non respetar a historia; os tempos actuais son como son polos tempos pasados, sexan máis ou menos distantes, máis ou menos afines ó que temos diante. Por iso non se poder mirar cara un futuro ignorando o noso pasado, tanto para non repetir errores como para coñecer cales son os males que nos atañen e como solucionalos.

  Como reflexión, cómo pode ser que unha rexión histórica coma a nosa, pola que tanto se luchou, e tantos sufriron, vexa no presente que se queda no vagón de cola da autonomía. Cómo as nosas compañeiras no camino do recoñecemento, País Vasco e Cataluña, seguen a ter unha evolución e un respeto tanto a nivel local coma no resto de España e Galicia xa non é tratada da mesma maneira. Algo facemos mal cando quedamos a cola dese tren, tanto pola memoria de quenes nos levaron a él como polo futuro de todos.

  Como crítica o ter o día da patria galega nun día tan marcado pola relixión, ese poder oculto, que en Galicia fixo verdadeiro dano o galeguismo e a xente durante tantos anos.


Saudos e felicidades a tod@s,

E ti, por qué os votas?

Benvid@s,

  A cercanía das próximas eleccións, a aparición de @ahorapodemos, @equo, @partido_x e outras formacións políticas máis a chegadas das mareas e gañemos como @mareaatlantica e @guanyem pídeme unha breve reflexión sobre as eleccións e os votos.

  Poñamos sobre a mesa o refrán "máis vale malo coñecido que bo por coñecer" que parece ser consigna seguida pola maioría da población votante e que axudou en gran medida a tendencia bipartidista que tanto dano fixo o noso país. Semella q a nosa falta de educación democrática lévanos a pensar que é mellor deixar os de sempre seguir a roubar o noso diñeiro no poder, que permitir a un novo partido demostrar se ofrece unha alternativa no governo.
  Axudando o punto anterior está a enfermidade moderna chamada "televisión", que fixo de nós vagos intelectuais que non se moven a hora de informarse e culturizarse e acepta con boa cara todo o que a "caixa tonta" lle ofrece, alienando a nosa forma de pensar e xerando unha equidade de pensamento que loita contra a pluralidade  e favorece o bipartidismo pola corrente intelectual, se todos pensan o mesmo é normal que voten o mesmo, e pola desinformación, se non coñeces outras alterntivas en profundidade, voltaremos o punto 1 do "máis vale malo coñecido que bo por coñecer".
  Pero non todo ia ser culpa nosa, non, debemos agradecer tamén a lei electoral o seu claro esforzo por facer deste un pais menos pluralista, outra das concesións da democracia os heredeiros do fascismo, que tiñan medo de encontrar outro parlamento plural e preferían ter controlado o mesmo dende a sua minoria cidadá antes que abrir as portas a múltiples formacións políticas; xa se sabe que coa pluridade acelérase o crecemento e a evolución das sociedades. o establecer os mínimos para a representación, o facer un reparto desigual dos escanos, o non darlle valor o voto en branco e a abstención, son medidas desta lei que fan que a verdadeira democracia neste pais, non exista.
  Pero sobre todo, o que lle quero votar a culpa de todo isto, do que fai que tras anos de políticas desastrosas o pobo siga ofrecendo o seu voto cara os mesmos partidos é a deficiente educación cidadá e o sistema capitalista que combinados afogan as vidas das persoas cada día máis. Estudia dende cada vez máis xoven, so materias para buscar traballo, non para que penses, menos filosofia e historia, mais matemáticas e física, máis horas de estudio, menos tempo libre, pra logo chegar o traballo, cada día traballa máis horas por menos diñeiro, cada día máis tempo ocupado pra que non penses no que fan e rouban, pra que non indagues, pra que non espertes. Ata o tempo libre se utiliza con esta fin na sociedade do consumo, ofrecendo mil saidas nas que gastar o tempo sen necesidade de preguntarnos que estamos facendo.
  En conxunto, temos unha nova pregunta, realmente votas o que pensas ou votas o que queren? Dende o meu punto de vista non hai dúbida, a maioria vota o que queren, e ainda en momentos de gran crise social como os actuais o seu sistema segue a funcionar. Vivimos nun pais de cabezas mirando o chan en lugar de mirando o futuro e será unha longa loita a que espere os que queran cambiar isto.

  Como fin, o meu pensamento cara o cambio, devolver a xente o tempo para que pensen e disfruten da sua vida, para que aprendan de novo a mirar o ceo, e educar as futuras xeracións no pensamento, non educalas para fagan ben un traballo, senon para que sepan pensar por si mesmos no que queren facer.

Saudos e sorte,

lunes, 7 de julio de 2014

A nosa terra o noso tesoro

Benvid@s,

  Facendo zapping por internet chegou a mi o seguinte video


  e como non podía ser de outra maneira, tiña que facer un post, ainda que foran unhas poucas líneas, para pediros, que os opoñades a esto, que axudedes e que loitedes.

  Galicia é unha comunidade vinculada ca terra, co medio ambiente, a nosa dependencia e total e a nosa unión e profunda.. non podo chegar a imaxinar a miña terra sen verdes paraxes, sen a sua fauna e o sua vexetación; non podo e non quero vela arruinada polo beneficio duns poucos e co beneplácito dos de sempre.
  Por iso defendela é importantísimo, non existe beneficio que poida compensa-la sua perda, por eso movilízate, firma, fai campaña, e difunde, nesto non nos poden gañar, non nos poden roubar a terra, a nos e os nosos fillos, netos..

  Despídome deixandoos con boas palabras de sentimento pola nosa terra, e confiando en que a nosa loita poderá contra a vontade do capital.

Miña terra galega
donde el cielo es siempre gris
miña terra galega
es duro estar lejos de ti

Donde se quejan los pinos
y se escuchan alalás
donde la lluvia es arte
y Dios se echó a descansar
las zanfoñas de Ortigueira
los kafkianos del Jaján
la Liga Armada Galega
y el pazo de Meirás

Miña terra galega
donde el cielo es siempre gris
miña terra galega
es duro estar lejos de ti

  Escoitar

En loita,

domingo, 6 de julio de 2014

"Guanyem" o exemplo a seguir

Boas a tod@s,

  Acabo de firmar o meu apoio as aspiracións de "Guanyem" en Barcelona, fágoo despois de leer o manifesto que as acompaña, en catalán, como debe ser, e tamén en castelán, para o que non o entenda.

  Non creo que exista na política actual unha iniciativa tan democráticamente cercana o pobo, tan socialista, tan cooperativa, coma a que nos volve a presentar @AdaColau e por suposto todo o equipo de xente que con ela traballa, en Guanyem.

  Haberá coma non, xente que a acuse de mentir, por haber negado sempre a sua intención de facer política, a estes, dicirlles, que non creo que mentira, só que, como demostrou todo este tempo, é persoa de traballo para o pobo, e ten que ser para ela imposible negarse ó que tanta xente lle reclama. Por outra parte, que mellor que poderes disfrutar de xente de ben, e boa xente, na nosa política; moitas veces escoitei a leria de que se quere atraer aos mellores á política e por iso ten que ter unha boa remuneración; pois ben, desta vez, vennos de balde a todos.

  Pero o máis importante que, o meu entender, nos regala esta iniciativa, e novamente mostrarnos o camiño a seguir, coma coa @LA_PAH, adiantase o futuro, e coma os verdadeiros líderes, faino co seu traballo e co seu exemplo, nos mostra como afrontar o asalto as institucións para recuperalas e os pasos a seguir neste camiño, a vez que nos dá forzas para emprende-lo noso.

  Pode que @ahorapodemos e localmente en Galicia @alternativaGZ poda significar un cambio nas futuras elecciones estatais e rexionais, eles xunto co resto de novos partidos (@Partido_X, @Equo, @partido_pirata, etc.), poden facer unha fronte amplia, que derrote o bipartidismo e a oligarquía politica que secuetrou a democracia neste estado. Pero nas eleccións que chegan, nas municipáis, que nos son tan cercanas, e que normalmente dependen menos das bandeiras e das cores, e máis das necesidades diarias dos barrios.. nestas eleccións, e dende a miña humilde opinión, o que necesitamos é "guanyem" os nosos concellos, directamente, non a través dos partidos, senon da cooperación de todas esas organizacións que cada día poñen os seus esforzos en resolver e minimizar os problemas que afectan o noso concello. Eles son os máis cercanos a realidade, os que mellor coñecen as necesidades e dende logo, quenes levan anos loitando contra elas e por mellorar as nosas cidades.

  Dende este humilde blog, animo a todas as asociacións a buscaren estas coordinacións para loitar por recuperar ou "guanyem" de volta o control e a humanización das nosas cidades. Por favor, "guanyem" esta loita, cooperación por un futuro mellor, busquemos unha sociedade máis equitativa e democrática.

  E sobre todo e outra vez dar as gracias a quenes nos espertan e nos ofertan modelos a seguir, que inspiran os nosos corazóns e alzan a nosa voz, outra vez as gracias a @AdaColau e os seus compañeiros, porque xente coma eles é a vez, tan necesaria e tan escasa, que traen a ledicia o meu rostro co seu traballo.

Gràcies,

jueves, 3 de julio de 2014

Pensamentos sobre Galicia I

Benvid@s tod@s,

  Hoxe sintome inspirado e orientado cara a reflexión sobre a situación da nosa terra. O feito de levar fora dela xa dous meses, fai que os meus pensamentos volten de cando en cando, e tamén que cada día faga comparación do que vexo co que temos.

  Que en Galicia temos a sorte de contar cun dos paraisos terrenáis máis fermosos do mundo é un sentimento que cada galego leva no seu corazón polo mundo, "a morriña" tan tradicional e estendida por tantos e tantos emigrantes galegos entre tantos e tantos países, pode dar unha idea do que o noso pobo valora a sua xeografía, ademáis do apego que sentimos pola mesma.
  Non podemos negar que esta afirmación entra en conflicto coa alta emigración existente, quizáis non a nivel mundial, pero si en comparación co resto do estado español. E coma sempre temos que buscar a razón e o motivo desta, no atraso tanto industrial coma económico que sofre a nosa comunidade respecto o resto de comunidades coma doutros estados do noso entorno.

  Cales son as motivacións deste atraso e por que non se consegue mellorar é unha cuestión altamente debatida.
  - Os problemas e sufrimentos históricos do noso pobo é unha das razóns máis esgrimidas e tamén máis castigadas de cantas se defenden. Para mi é claro que a nosa terra foi colonizada e escravizada no periodo medieval, que a nosa lingua, as nosas costumes, a nosa xente e o noso futuro, foron masacrados polos diferentes reis españois, e que as diferentes decisións dos líderes galegos nese tempo, acabaron empurrandonos ata esta situación de sometemento, non por falta de xuizo, pero si por seres derrotados, tanto na guerra, como na loita.
  Non podo esquecer neste punto os críticos que consideran que non se pode falar de hai cincocentos anos para xustificar problemas actuais, que o mundo non precisa de nacionalismos nin sentimentos independentistas, que motiva-la exaltación da cultura local, a língua propia, e motivo de separatismo e que o futuro e a unión de pobos. A historia é necesario estudiala para saber de onde vimos, qué erros cometimos e non repetilos, e sobre todo quenes somos; a pluralidade é necesaria para a unión, se non, non sería unión, sería absorción ou clonación e dende logo, a exaltación dos orixes dun pobo, non vai en contra do resto de pobos, o obxetivo e darlle un significado, un sentimento de unión, pero non para loitar contra outros, senon para facilitar a cohesión social, necesaria para tanto o progreso coma para a unión de pobos.
  Seguindo a idea da submisión do noso pobo por parte do reino español, primeiro quero destacar que non debe ser o noso obxetivo a loita co estado actual; non pido esquecernos deste feito, so digo que nin o estado actual e responsable da situación histórica, nin a loita por causas pasadas debe ser o noso obxetivo actual. Segundo quero facer autocrítica na corrente intelectual galeguista, que por motivos de loita interna, obxetivos equivocados ou falta de perseveranza, e facendo unha grande excepción cos grandes pensadores da época do rexurdimento, adolece dun motor ou guía que poida impulsar a necesaria revolución na Galicia actual, que puidera achegarnos a realidade de outros pobos como o Vasco ou o Catalán en España ou a nivel internacional coma Belgas, Suizos, Daneses, etc.
  Por último e pra rematar co tema histórico, se ben é máis que certo que toda esta represión fixo puxo a nosa cultura, orixes e lingua nunha complicadísima situación, e por tanto afecta directamente a nosa cohesión, a nosa situación e o noso futuro, non debemos perder máis tempo en lamentos, e aproveitando as forzas do noso pobo como o traballo, a solidaridade e o esforzo, e buscando entre nos aqueles capaces dispostos a facer de motor intelectual do movemento, debemos concentrar o noso esforzo na evolución, na revolución, no futuro do noso pobo.
  - A dispersión é outro dos motivos máis referidos para explica-la nosa situación actual, así coma as dificultades para calquera movemento que queira enraizar no pobo. Dende o meu punto de vista, máis que a dispersión en si, a cal creo, pode aportar moita riqueza en canto a pluralidade; a falta dun entramado de conexiones entre as distintas poboacións de calidade, e a seguinte pedra no camiño.
  E un feito histórico que non somos pobo de grandes cidades, a riqueza xeográfica da nosa terra permítenos e motiva ter unha enorme dispersión, pero lonxe de eliminala, temos que tratar de apoiala cun forte e diversificado entramado de conexións de transporte e comunicación para facilita-la convivenza e equidade entre poboacións. Este entramado é básico no desenvolvemento e optimización de recursos, así coma para evita-lo abandono da terra, que a industrialización necesaria, pode provocar.
  É evidente que os problemas de comunicación e transmisión da mensaxe e das ideas desta revolución quedaron minorados polos avances tecnolóxicos neste sentido, pero que tamén coma poboación avexentada, temos que poñer máis esforzo neste particular, xa que ainda que os medios existan, sabemos que non tódala xente recibe a mensaxe, e ainda que coma en tódalas revolucións o noso obxetivo deben ser as novas xeracións e non as máis vellas, tamén debemos ter presente que nas nosas aldeas, as "novas xeracións" poden ter a misma idade que as "vellas xeracións" das cidades.
  Resumindo, a dispersión é boa, pero adolece de conexións que a fagan productiva e optimizada, e sobre todo, pese os avances tecnolóxicos, seguimos precisando dun sobreesforzo para reproducir e leva-la mensaxe a tódolos cantos da nosa terra.
  - O centralismo, derivado do problema histórico e que é síntoma claro de opresión e control, aumenta a nosa dificultade de maneira exponencial. E neste punto onde creo que se debería traballar con maior forza, xa que unido a característica da dispersión, debilita o pobo. Na Galicia actual, a dependencia respecto da Xunta que se ten nas provincias e concellos e o ridículo das deputacións, fan que os esforzos necesarios para a xestión de problemas locáis ou os retrasos na resposta do goberno central, sean tales, que a meirande destos problemas non se resolven, optase por parches, ou simplemente malgastanse recursos na resolución. Ademáis de que crean sentimentos de envexa, desconfianza e incluso odio entre poboacións irmáns polo trato desigual dado, o cal favorece o caciquismo e a desconfianza cara o alleo e traballa na contra da nosa labor de dispersión dos nosos ideais.
  Con todo isto non quero facer apoloxía de unha administración axigantada e deforme, que aumente os custos para unha miserable mellora, toda a estructura de goberno da nosa terra ten que ser revisada, en busca dunha solución óptima, non ten sentido alimentar parásitos políticos en administracións coma as actuais deputacións ou o senado español, pero si que precisamos de dar ou permitir figuras autónomas que faciliten a xestión de necesidades concretas e fagan de promotores para a evolución das distintas poboacións e polo tanto de toda Galicia.
  A miña proposta vai máis polo camiño de darlle a cada entidade encargos máis concretos e precisos do que é a sua labor, así como autonomía nestos e equidade representativa os órganos coordinadores. Usando coma exemplo o tema das comunicacións entre poboacións, se podería dicir que: O Concello encargarase das ruas da poboación, a Deputación fará as carreteiras comarcais, entre as distintas poboacións que xestiona, e a Xunta encargarase de promover, xestionar e coordinar xuntanzas entre deputacións co fin de crear o entramado principal e servir de xuiz nas posibles discrepancias. Coma se pode ver no exemplo a idea é que en lugar de centralismo, a Xunta sirva de elemento coordinador, cohesionador e supervisor da labor de cada concello ou deputación na estructura actual.
  A loita contra o centralismo vai da man da loita a favor dunha verdadeira democracia e nestes tempos actuais, temos que xuntarnos cos movementos que camiñen nesta dirección, co fin do mutuo apoio e a consecución dos nosos obxetivos. Creo que é clave en todo momento, aproveitar a situación e as revolucións ou pensamentos da sociedade actual, tanto galega, coma española, coma mundial.
  - A falta de relevancia é moitas veces unha morte silenciosa, sobre todo para movementos ideolóxicos, por moi boas e fortes que sexan as tuas ideas o teu ideal, se este carece de relevancia nunha sociedade, nunca triunfará. Co paso dos anos a relevancia dos ideais galeguistas baixou a niveles críticos, no estado actual de crise, non pode estar peor; dende logo é entendible que a xente priorice o traballo, o alimento, a familia e en definitiva a supervivenza a calquera outro ideal, pero se cadra a nosa realidade e que centrados e deslumbrados moitas veces polo convencemento da pureza e beleza dos nosos ideais carecemos de practicidade a hora de explicar o pobo, coma todo esta relacionado, e como a través do galeguismo pode mellorar, loitar e conseguir evitar o paro, a fame e a pobreza.
  Esta relación que semella inexistente e se cadra incluso irracional, e moi sinxela e directa. Primero, a riqueza do noso pobo, a falta dunha industria potente, está na terra, como puidemos ver nos puntos anteriores, o centralismo e a falta dunha boa rede de comunicación acaba levando a xente as cidades en busca dunhas mellores condicións de vida, o cal acaba empobrecendo a toda Galicia, facendoa dependente das empresas externas e aumenta a incidenza da crise na poboación. A nosa labor en mellorar e axudar a dispersión, volveria levar o pobo a terra e enriquecernos e incluso facernos menos influenciables das crises externas o aumentar a nosa independenza económica.
  Pola parte lingüística, non ei dicir o tópico de que a lingua aumenta postos de traballo polo simple xeito de requerir traductores, que é certo pero económicamente irrelevante, pero si que é certo que motiva a cooperación entre empresas galegas, o que fai que o entramado industrial sexa máis forte e volta a reducir a influencia das crisis externas na nosa terra. Por outra parte, dende logo os pobos que disfrutan de pluridade lingüística normalmente vense enriquecidos culturalmente, o que motiva unha mellora tanto económica coma social, coma exemplos utilizarei Suiza ou Canada, que creo poden servir de modelos avanzados.
  Polo tanto e de maneira resumida podemos ver caminos ou guias do que pode ser un reflexo directo de aumento da relevancia do ideal do galeguismo a través do seu uso como ideal de loita contra os problemas máis relevantes do noso pobo.
  - A carencia de intelectuais, e non quero dicir que seamos un pobo ignorante, quero dicir que adolecemos dos intelectuais revolucionarios necesarios, xente que abrace o ideario por enriba de calquera outra necesidade ou desexo, xente que tanto dende a cultura, como dende o movemento e sobre todo dende o exemplo, faga despertar un pobo durmido, ferido e desconfiado. As revolucións fanse con ruido, con manifestacións, con escritos que sexan estudiados e alabados durante anos, pero sobre todo faise no restaurante, no bar do pobo, a caron da lume e na partida. Temos que ter presente que máis que nos pese, non todos centran a sua vida no ideal galeguista, que non viven para él e que teñen bastante cos seus problemas. Temos que pensar que cada individuo posee as suas propias  ideas, conceptos e moral, temos que respetalos e unirnos a estes, temos que por semillas en cada persoa e rega-las para ve-la árbore medrar e no futuro disfrutar da espesura do bosque e temos que ter presente que quizáis non sexamos nos os que disfruten dela, pero si que podemos ser a orixe.

  Creo que por hoxe as miñas reflexións rematan, espero que alguén as lea, espero que a alguén lle parezan interesantes e dende logo espero que calquera que quera non dubide en contactar e debatir, ou comentar neste blog.

   Despídome por hoxe agradecendo o tempo dedicado e desexando sorte.

Leémonos,