sábado, 2 de abril de 2011

O mundo en guerra

No ultimo mes estamos a ver protestas e revueltas no mundo pedindo liberdade. Atentos os que fan os libros de historia xa que semella que tocara reflexar outro paso axigantado na busqueda dun mundo mellor.

Alegrame poder comprobar que os pobos con menos liberdades estanse a mover na busqueda dun  futuro mellor para todos.

Agora adxunto a minha reflexion. E boa idea que os paises democraticos intervenhan nestes conflictos?. Duas caras:
-O normal seria apoiar todalas revoltas que busquen unha democracia coma forma de goberno. Se cadra seria o mellor caminho pero eso exise que a ONU encabece todalas intervencions en todalas revoltas por moi "amigo" que se considere o dictador de turno. E trala revolta faga supervision das primeiras eleccions e da primeira constitucion. Todo este belicismo traeria un coste humano elevado que os paises e pobos democraticos deberian pagar e aceptar por un futuro mellor ademais de que non se poderia intervir nas futuras decisions dos pobos democratizados.
-Cada pobo ten qye loitar polas suas liberdades. Neste caso os paises democraticos tenhen que aceptar o que pase nas revoltas e mirar cara outro lado. Se cadra vese unha decision cruel pero asi ocorreu nos nosos paises e ninguen veu a axudarnos. Podemolo chamar evolucion social.

Cal destes caminhos e a mellor solucion non se pode decidir con facilidade. A historia diria que o segundo pero neste caso os pobos xa foron influidos por nos. Manexan armas dunha destruccion moi superior que no noso tempo. Quizais terminar dunha vez o que comezamos a facer hai anos e conseguir democracia para todo o mundo sexa o mellor.
Mentres voltamos a mostrar a peor das nosas caras e facemos as cousas por interes. Intervir solo en Libia volve a dar unha penosa imaxe de occidente e volve dicir de nos que so nos move o peteoleo e o dinheiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as