viernes, 12 de diciembre de 2014

Reflexións dun emigrante (I)

Benvid@s,

  Xa facía tempo que non escribía nada no blog e é que o traballo non me deixa moito tempo últimamente, pero tamén e certo que cada vez costabame máis pensar un tema que ademáis de actualidade fora interesante (cando menos para min); ben, definitivamente decidinme por tirar de recursos propios e porque non, facer un repaso das razóns da miña marcha e as miñas experiencias neste medio ano que levo fora.

  Marchei de Galicia no mes de Abril, un venres santo, o meu destino Kloten, o pobo no que se construíu o aeroporto de Zürich, a 1.847 Km do meu fogar según Google e a un século de evolución dende a miña opinión. Deixaba atrás amigos e familia, incluida unha muller e duas nenas de 3 anos e 6 meses e esperábame en Kloten un traballo, indefinido e a xornada completa, pero do que non sabía nada máis que o falado en duas entrevistas de traballo por Skype.

  As miñas circunstancias son atípicas, non estaba no paro, non estaba afogado por unha hipoteca, nin sequera tiña unha, non estaba en números vermellos... todas estas circunstancias fan de mi un caso raro de emigración, se cadra para moitos alguén sen motivos para queixarse por emigrar ou que fixoo por propia vontade, pero se cadra porque as historias coma as moedas sempre teñen duas caras, ou porque as opinións dependen únicamente das persoas e non dos conxuntos, quéixome como o que máis e síntome tan expulsado como o resto, se cadra só que eu escollín o momento de irme en lugar de esperar a que esta nosa sociedade decidira isto tamén por min.
 
  As razóns persoais creo que sobran nun análise máis xenérico, pero o entorno creo que é o mesmo para tódolos que optamos por buscar novas oportunidades fora, e responde a dúas preguntas. Cal é o futuro que me espera nesta terra nos próximos anos? E duro ter que dicir esto, pero creo que a resposta xeral a esta pregunta vai dende "o mesmo que teño agora se teño sorte" ata o "estar no paro e sobrevivir pola familia ou por chanchullos" e digo estas duas respostas co criterio de que normalemente non procuramos ponernos en situacións catastróficas coma podería ser "estarei na rua, sen traballo e sen nada pra comer e os meus fillos estarán nun centro do estado".A outra pregunta é, Qué podo facer agora para evitar calquera das respostas da pregunta anterior? A resposta a esta pregunta é máis personal e dependerá de cada un, pero creo que o común de todas é a nada ou polo menos nada realista.
  Entón a situación é, non teño futuro e ademáis non podo facer nada para cambiar isto e polo tanto busco fora o que non podo atopar na miña casa, ademáis de que noutros moitos casos, a situación actual xa non é boa; o que é a terceira razón (igual o máis importante) para lanzarse a aventura noutro país.
  Polo que aquí chegamos, fora do teu país, traballando en busca dunha vida mellor pero ca mente e sobre todo co corazón na tua terra, o que todos chamamos morriña. Coma tras todo suceso importante na vida, tratas de mirar cara o futuro, tratas de facerte a tua nova vida, pero non dubidas en mirar de reollo o que pasa na casa, como vai todo e como pode ir no futuro.

  Por concluir e seguindo o título desta entrada, a miña reflexión e que o futuro mostrase negro, o goberno e as políticas só deparan un futuro de servilismo e crise, a recuperación pola que se aposta só ofrece desigualdade e traballo precario, o que alexa calquera posibilidade de voltar a nosa terra; e a única luz de esperanza, cun cambio de políticas e goberno, semella feble, sobre todo na nosa terra, onde anos de caciquismo dificultan calquera cambio. Na miña mente gardo a idea de aprender moito deste pais e nun futuro axudar na casa a mellorar as cousas, pero para que isto sexa posible, e necesario que a xente que queda, mostre vontade de cambio e loite contra o inmovilismo. Se cadra é un desexo egoísta, se cadra cando marchei perdín o dereito a esixir, pero dende logo, dende a distancia, seguirei loitando e soñando con que no futuro, os galegos e galegas aprendan que "mellor malo coñecido que bo por coñecer" é unha mentira, que a forma de aprender a andar é tropezar mil veces e que se cambias a peor, sempre podes volver a cambiar, o importante e iso, que cambies e que non quedes nun erro por medo o que depara o futuro, lección de emigrado.

Bos días e sorte,