martes, 5 de agosto de 2014

Un novo reto: Eleccións municipais 2015

Benvid@s,

  Un novo reto asomase no horizonte, e semella que a xente está comezando a tomarlle o pulso, trala ilusionante aposta en Barcelona de @guanyem pola unidade social de cara as eleccións municipáis en 2015, A Coruña colle o guante en lanza @mareaatlantica coma claro exemplo a seguir para as outras cidades galegas e como claro síntoma de que Galicia semella espertar destes anos de corrupción e política oligarquica querendo estar a cabeza do cambio.
  Coma exemplos cercanos a irrupción de @alternativaGZ nas eleccións galegas, un veterano da política coma @xmBEIRAS voltaba para darlle clases a un @obloque que parecía indixestado con tanta repercusión e poder, e claramente influido pola oligarquía e resultadismos dos partidos nacionales (@ppdegalicia/@PSdeG) e que semellaba perdera o rumbo nos anos de bipartito.
  Coma exemplos máis lonxanos, pero se cadra de máis calado e importancia, a xeración do renacemento galego (Castelao, Ponte, Luis Seoane, Casares Quiroga, etc.), que tanto loitou nos anos da república polo recoñecemento e que levounos cara a autonomía, que nestes anos tanto nos esforzamos por destruir.
  Pero non vai ser este un post de crítica, pechamos a porta a negatividade e comezamos co positivo. Positivo que se vexa unha corrente cultural máis preocupada pola política e que pretende deixar marca nesta, o final, a cultura, debe participar e influir a política; positivo polo paso adiante do pobo, o inmiscuirse e tomar voz na actualidade e por fin, non deixar a Galicia a cola de España; positivo polo que semella unha corrección do mensaxe galeguista, non estamos aquí para loitar contra ninguén, estamos para defender unha cultura, unha historia, un pobo, pero dende logo, sabendonos adaptar os tempos e a nosa xente, sobre todo a nosa xente e as suas esixencias; positivo porque este tipo de movementos buscan unidade, e sempre é bo, ter un pobo unido; e por último positivo porque semella que a mensaxe está calando na política e nos políticos e se cadra ainda estamos a tempo de salvar algo.
  O reto e moi grande, loitar contra a corrupción, o caciquismo, a desilusión e a incredulidade, pero quizáis a enormidade do reto non é máis que outra motivación para quenes están a tomar parte neste movemento; e quizáis as formas do mesmo, dende a rua, con cidadáns, no día a día, sexa a mellor ferramenta para loitar contra aquelo que levan loitando os partidos durante décadas e que era tan dificil de derrotar. Semella pronto para augurar un bo futuro o movemento, pero dende a ilusión que produce, espero que teña a mellor das acollidas, de momento na Coruña en duas semanas xa teñen 1200 apoios.
  Chamo tamén os medios de comunicación tradicionáis a facerse eco deste e de tódolos movementos xemelgos que saian, porque sabemos que en Galicia é se cadra ainda máis importante a sua influencia, e esperamos poder ver na televisión e nos xornais, noticias diarias sobre as mareas.
  Para rematar, animar a toda a xente que está a participar nesta marea; á xente que está dubidando, empurrala a facelo; e a xente que mira sen entender moi ben o que pasa, motivalos a que se acheguen e pregunten,pois  poden ser parte de algo moi bonito e que cambie a nosa sociedade no futuro cara algo mellor.

Saudos e ánimo,