jueves, 18 de septiembre de 2014

O exemplo escocés

Benvid@s,

  Hoxe en un día histórico para Escocia, no momento de escribir estas líneas estan a contar os votos dun referendum para coñecer se o seu pobo decide separarse do Reino Unido, algo único e raro de ver e que para os seus cidadáns pode ser a decisión máis importante en toda a sua vida.
  Se algúns días atrás miraba con embexa a celebración da Diada en Cataluña, hoxe non se queda atrás a que me da o pobo escocés e esta oportunidade única. Pero volvendo o tema polo que vos escribo, creo que máis alá de o resultado debemos analizar outras cousas dende Galicia.

  O primeiro que me gustaría destacar é o rápido que se propagou o independentismo nunha nación como Escocia, debemos ter presente que o referendum aceptouse porque o goberno británico tiña a seguridade de que o NON arrasaría na consulta e como puidemos comprobar, sobre todo neste último mes de ameazas constantes e campaña intensiva do non tanto dentro coma fora do país, a realidade finalmente é que o SI gañou adeptos dunha maneira prodixiosa; para min unha lección evidente do que se pode facer cunha boa planificación e cando a diferencia entre pobos é evidente, quizáis un soño para Galicia, pero se cadra non tan lonxano coma puideramos pensar.

  O segundo é o momento único que estamos a vivir para plantexarnos esta posibilidade, o pobo non só quere a independencia por nacionalismo férreo, o pobo está farto da política actual, está farto de enganos e de trampas e sobre todo está farto de sufrir, e todo isto fai que a posibilidade de reinventarse con algo novo sexa moi atractiva incluso para a xente que non considera o independentismo como a sua meta. En España estámolo a ver con Podemos, Guanyem, MareaAtlantica.. son movementos que tamén terán que busca-la sua oportunidade no corto plazo, porque é sabido que portas coma esta non duran eternamente. Deberíanse replantexar os partidos nacionalistas galegos a necesidade de participar destes movementos e se cadra, coller a mínima oportunidade posible ante o que pode ser a única porta nesta xeración para alcanza-las suas metas.

  Por último querría facer unha reflexión contra toda esa corrente de presión que puxo o grito no ceo ante a posibilidade de que gañara o SI e que segue a asustar a todos con palabras coma crise, ruina, fame... a realidade de tódolos vosos temores só se basa nunha cousa, unha división de pobos fai máis dificil o control e manipulación das gobernos e polo tanto fai máis complicada ou polo menos costosa a existencia á oligarquía que agora estanos a gobernar, cando te ameazan por decidir por ti mesmo, só mostran o medo que teñen a que o pobo decida, descubren a gran mentira que son estructuras como a UE, OTAN, ONU e mostran abertamente que outro modo é posible.

  Se cadra o pobo escocés escolleu seguir baixo o control británico, porque non nos enganemos, a unión é entre iguais, e iso está moi lonxe de ser así tanto en Escocia coma en Galicia; pero ninguén os poderá culpar, o medo e libre e as presións son moitas, pero así coma en Inglaterra a simple existencia da consulta abre as portas a moitos outros (quen lle pode negar un referendum a Gales ou Irlanda?) en Galicia sírvenos de exemplo para o que podemos escoller, se a través do noso voto, empezamos a pensar máis como pobo e menos nos enchufes que o cacique de turno pódenos prometer.

  Despídome con soños de liberdade, esta noite voarei ata as montañas e escoitarei de novo o son das gaitas, que tamén para nos, son un simbolo do fogar.

Saudos e sorte,

viernes, 12 de septiembre de 2014

DiaDa envexa

Benvid@s,

  Onte foi a Diada en cataluña, a xente saíu a rua e fixeron unha demostración de conciencia de nación que dende a distancia non só ten que ser apoiada senon copiada e desexada, e a nivel personal vadesme ter que permitir que arda ca envexa que algo así faime sentir.
  As noticias, centrábanse no independentismo, a política actual e o nivel de conflicto, fai que cada referencia o pobo catalán como nación sexa vista como motivo de conflicto e de disputa, pero eu non me quero meter nunha guerra que non he miña máis alá de pedir democracia para un pobo, o catalán, que coma calquera outro, ten dereito a opinar sobre todo o que queiran e máis ainda sobre o que queren no seu futuro.
  A miña principal opinión, o meu principal pensamento respecto onte, é a envexa, producida por ver un pobo consciente do seu pasado, consciente da sua identidade, das suas orixes e da sua cultura. A Diada para o resto de pobos que aspiramos a reivindicar unha identidade maltratada pola historia, ten que ser un obxetivo, non dende o punto de vista do independentismo, non por ser un día de festa e de reinvindicación, senon pola conciencia, polo sentir, pola unión.
  Na Galicia sempre loitamos falando da opresión castelá contra a nosa cultura, contra a nosa economía e contra o noso pobo. Non vou a desmentir nada, só quero centrar o obxetivo de todas esas loitas, se alguén quere saber porque loitamos, a resposta perfecta é que buscamos a nosa Diada;  Galicia ten a lingua, ten a cultura, ten a historia e ten a identidade, son cousas polas que non se debe loitar, xa existen, so é necesario dalas a coñecer, pregoñalas e conservalas, pero o que máis lle falta a Galicia e a unidade!!
  Nos últimos anos somos presas do clásico problema de esquerdas, a autocomplacencia no discurso, na beleza dos ideais, chegamos o punto do enfrentamentos por demostrar o boas que son as ideas de cada ún sen pensar en que o importante e polas en práctica, non que sexan perfectas; por outra parte e tamén en moitos casos, cedimos o encanto do poder que votou tódolos nosos ideais e esforzos o lixo. O nacionalismo en Galicia non ten dereita e polo tanto cada disputa entre os seus representantes de esquerda supón unha derrota e un paso atrás no verdadeiro obxetivo da unidade, debemos ser críticos con nos, debemos escoitar o pobo, debemos buscar a unidade que algún día permita a xente sair a rua para celebrar que son galegos, sen máis.
  A oportunidade é única, nos momentos de crise, é cando o pobo é máis receptivo e mostra máis interese e maior unidade, aproveitemos, unámonos, fagamos que tod@s sintanse nación.

Saudos e sorte,

martes, 2 de septiembre de 2014

Receita: Cocido Político

Benvid@s,

  Hoxe cambiamos o formato do blog para achegarnos o mundo culinario cunha receita de Cocido Político, moi propio da terra e máis canto máis se achegan as eleccións.

  Ingredientes:
  - Uns políticos de estilo caciquil.
  - Unha economía dependente de subvencións e contratos do estado.
  - Un texido empresarial de moi mala calidade e moi baseado no amiguismo e patrimonio dos empresarios.
  - Un par de partidos de corte españolista.
  - Un bo anaco de unto para os medios. (Nunca esquezas o unto para os medios, importantísimo!!)
  - Unha pizca de cegueira na xustiza (Clave!!).
  - Especias varias.
  - Un bo viño blanco galego.


  O primeiro e preparar os ingredientes. Colle os políticos e quítalles todo tipo de conciencia, boas intencións ou ética que podan ter, logo agregalles un pouco de edonismo e espolvoreas pra darlle ó preciso punto de trepas, sumerlleos nos partidos de corte españolista e deixa a remollo.
  Colle o texido empresarial, quitalle toda a industria, loxística e inversión, pero sobre todo non deixes nin pizca de I+D, unha vez feito isto, reparte o que quede entre catro ou cinco amigos (os invitados o xantar) e o anaco que te toca, dalle un bocado, o resto podelo meter na pota, que é máis que suficiente.
  Sabemos que olvidaches a economía, é o habitual, chama o teu amigo en Madrid que fale co europeo e que entre ambos te manden as sobras do día, se cadra non chegan para esta comida, pero ti dilles os amigos que chegar chegan, que non se preocupen, que quizáis toca na seguinte cea.
  Á mezcla que estas a facer, non se che olvide botarlle un pouco de cegueira na xustiza, e cando falamos dun pouco, sabes que podes botar un carromato enteiro, a cousa é que non olvidarse, que logo se che corta o caldo, e non é gracioso de ver, pregunta nas principais cidades galegas!!
  Por último colle ese amigo criticón, ese que sempre e o encargado de valora-la comida, o que sempre che anda a dicir que a ver se non lle botas de menos, que se isto que se o outro, que motiva os outros e lles fai ver que non eres tan bo cociñeiro. Chamao á cociña, saca o viño, saca o unto, ten que quedar tan enchido que non sepa dici-la hora sen che preguntar antes!!
  Xa é o momento de botalos políticos na salsa dos partidos, ven revoltos, para que ninguén saiba ben que carallo de ideas ten cada un, unha "amalgama" de sabores como din (o final todo sabe a chourizo a verdade sexa dita).
  Catro anos a fogo lento e xa tes feito o cocido das próximas eleccións!! Noraboa, xa podes seguir a ser unha comunidade nos últimos postos de España onde a xente se preocupe máis da misa e do fútbol que de a economía, cultura o tonterías desas.

Máis receitas en próximas semanas,