lunes, 2 de junio de 2014

A liberdade de expresión

  Boas a tod@s,

  A miña intención inicial era voltar cun post sobre a represión que se está a dar na protesta sindical hoxe en día, e quizáis extendelo cara a represión xeral cara calquera tipo de protesta.. pero que hai máis básico que a liberdade de expresión, fonte de todas estas protestas e fonte de case todalas liberdades e dereitos existentes.

  A liberdade de pensamento, pode ser a pedra angular sobre a que se sustenta a razón humana e toda a liberdade humana, só como individuos libres de pensamento, podemos decidir quenes somos, que facemos, como nos definimos e como nos relacionamos co mundo que nos rodea.. pero é a liberdade de expresión a que se encarga de transmitir e facer pública esa posición, esa defininción da nosa persoa o resto do mundo; e ela quen fai pública a nosa existencia e polo tanto, nun mundo social, é a nosa meirande arma.

  Antecedentes
  • O goberno pretende controlar as redes sociais tralos recentes comentarios surxidos pola morte da cidadá Isable Carrasco.
  • O goberno estudia modificar as leis para endurecer as penas e sancións para quen faga mofa de mortes, atentados, etc.

  Non saio da miña incredulidade, tanto porque un goberno poda mandar unha mensaxe tan clara respecto a que modifica a xusticia 'onfire' segundo os sucesos que ocorren día a día.. así pasa logo coas sentencias europeas que anulan leis españolas que son contrarias a dereito como a "dotrina Parot", se non tamén o feito do partidismo que queda en evidencia cando é a morte dun membro do partido político que goberna (@PPopular) o que fai ó goberno implata-la lei. Non é que de verdade exista unha necesidade, é que como agora afecta a algún dos meus, entón teño que lexislar, afecte a un dereito fundamental ou o que sexa, e daquela estou a facer desaparecer a igualdade e a obxetividade do concepto de xustiza, o que fai, sinxelamente que elimine o concepto de xustiza en sí.

  Cales son as solucións.. quedannos poucas solucións o alcance da nosa mán, a primeira e máis directa e protestar nas ruas, outra vez, contra outro recorte de dereitos, contra a perda de libertades e contra un goberno que lexisla contra os seus cidadáns. A segunda esperar as seguintes eleccións e botalos dunha vez por todas do goberno, pese as leis que os protexen e danlle ventaxa, temos que ser marea que arrase, escoller un partido que represente os nosos verdadeiros ideales ou que polo menos faga fronte a este goberno e darlle a nosa confianza para que o faga, A derradeira, ir a buscar xustiza onde segue a existir, a Europa, o tribunal europeo semella a nosa única salida actualmente, mentres a xustiza española sega secuestrada tanto polas leis como polo cobro de tasas...

  Por último e coma se cadra faréi no resto de post, chamar a xente a movilización, non ten todo que ser política, podes unirte a movementos cidadáns que traballen por facer o noso día a día mellor e as movilizacións que por este ou outros moitos motivos se fagan no noso país.

  #liberdadeExpresión

Saudos e ata outra!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as