miércoles, 11 de junio de 2014

3 anos e 1 día


  3 anos e 1 día, e o tempo que tiña a miña filla cando saín do cárcere aquel día..

  Mil noventa e seis, son as boas noites, os bos días, os que descanses, os te quero, que me perdín por non ter liberdade, por pensar ser libre.

  Vinteseis mil duascentas oitenta son as horas de xogo, son os abrazos, as risas, as bágoas que perdín e boto de menos, son as carreiras polo xardin, o mirar o seu soño, o sentirme cheo, o sentir o ceo.

  Un millón cincocentas setenta e seis mil oitocentas son as miradas perdidas, son as caricias, son o collerlle a man e estar o seu lado, o xogar co seu pelo, o sentirme máis sabio, o mirar o mundo coa inocencia dun neno, o leer tebeos.

  Noventa e catro millóns seiscentos oitenta mil son os latidos, son os respiros, son os instantes máxicos que non vin, que me perdin, por que vostedes xogan coa nosa vida como se fora de balde, como se algún poder diviño lles dera autoridade para facelo, como se foran os deuses e eu un simple grego.

  Nove mil catrocentos sesenta millóns oitocentos mil e o número de indignacións que están a causar cos cerca de cen condeados a 3 anos de cárcere por exercer o seu dereito a manifestación, folga, protesta..por pensar ser libres nun estado que reprime os pobres e libera os ricos. Por creer na xustiza universal, igual e cega. Por pensar que a democracia e o poder do pobo. Por non ser parte dun sistema que cada día máis, esmaga o pobre e ensalza o rico.

  Hoxe non podo falar de verdade, nin de nada máis, hoxe doéme o alma o saber que tantos compañeir@s van a entrar no cárcere por loitar pola miña liberdade, e por non poder facer nada. Hoxe loito contra a furia para evitar ir o monte a facer xustiza, visceral e salvaxe, pero máis noble que a que lle dan os nosos compañeir@s. Hoxe a liberdade cala igual que a verdade.

  O lamento de corazón, o lamento de verdade, sinto que neste mundo e no meu país teñades que pasar por iso e que non podamos axudarvos máis que protestando.
  O meu apoio e forza!! Sempre en loita!!

Liberdade!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as