jueves, 3 de julio de 2014

Pensamentos sobre Galicia I

Benvid@s tod@s,

  Hoxe sintome inspirado e orientado cara a reflexión sobre a situación da nosa terra. O feito de levar fora dela xa dous meses, fai que os meus pensamentos volten de cando en cando, e tamén que cada día faga comparación do que vexo co que temos.

  Que en Galicia temos a sorte de contar cun dos paraisos terrenáis máis fermosos do mundo é un sentimento que cada galego leva no seu corazón polo mundo, "a morriña" tan tradicional e estendida por tantos e tantos emigrantes galegos entre tantos e tantos países, pode dar unha idea do que o noso pobo valora a sua xeografía, ademáis do apego que sentimos pola mesma.
  Non podemos negar que esta afirmación entra en conflicto coa alta emigración existente, quizáis non a nivel mundial, pero si en comparación co resto do estado español. E coma sempre temos que buscar a razón e o motivo desta, no atraso tanto industrial coma económico que sofre a nosa comunidade respecto o resto de comunidades coma doutros estados do noso entorno.

  Cales son as motivacións deste atraso e por que non se consegue mellorar é unha cuestión altamente debatida.
  - Os problemas e sufrimentos históricos do noso pobo é unha das razóns máis esgrimidas e tamén máis castigadas de cantas se defenden. Para mi é claro que a nosa terra foi colonizada e escravizada no periodo medieval, que a nosa lingua, as nosas costumes, a nosa xente e o noso futuro, foron masacrados polos diferentes reis españois, e que as diferentes decisións dos líderes galegos nese tempo, acabaron empurrandonos ata esta situación de sometemento, non por falta de xuizo, pero si por seres derrotados, tanto na guerra, como na loita.
  Non podo esquecer neste punto os críticos que consideran que non se pode falar de hai cincocentos anos para xustificar problemas actuais, que o mundo non precisa de nacionalismos nin sentimentos independentistas, que motiva-la exaltación da cultura local, a língua propia, e motivo de separatismo e que o futuro e a unión de pobos. A historia é necesario estudiala para saber de onde vimos, qué erros cometimos e non repetilos, e sobre todo quenes somos; a pluralidade é necesaria para a unión, se non, non sería unión, sería absorción ou clonación e dende logo, a exaltación dos orixes dun pobo, non vai en contra do resto de pobos, o obxetivo e darlle un significado, un sentimento de unión, pero non para loitar contra outros, senon para facilitar a cohesión social, necesaria para tanto o progreso coma para a unión de pobos.
  Seguindo a idea da submisión do noso pobo por parte do reino español, primeiro quero destacar que non debe ser o noso obxetivo a loita co estado actual; non pido esquecernos deste feito, so digo que nin o estado actual e responsable da situación histórica, nin a loita por causas pasadas debe ser o noso obxetivo actual. Segundo quero facer autocrítica na corrente intelectual galeguista, que por motivos de loita interna, obxetivos equivocados ou falta de perseveranza, e facendo unha grande excepción cos grandes pensadores da época do rexurdimento, adolece dun motor ou guía que poida impulsar a necesaria revolución na Galicia actual, que puidera achegarnos a realidade de outros pobos como o Vasco ou o Catalán en España ou a nivel internacional coma Belgas, Suizos, Daneses, etc.
  Por último e pra rematar co tema histórico, se ben é máis que certo que toda esta represión fixo puxo a nosa cultura, orixes e lingua nunha complicadísima situación, e por tanto afecta directamente a nosa cohesión, a nosa situación e o noso futuro, non debemos perder máis tempo en lamentos, e aproveitando as forzas do noso pobo como o traballo, a solidaridade e o esforzo, e buscando entre nos aqueles capaces dispostos a facer de motor intelectual do movemento, debemos concentrar o noso esforzo na evolución, na revolución, no futuro do noso pobo.
  - A dispersión é outro dos motivos máis referidos para explica-la nosa situación actual, así coma as dificultades para calquera movemento que queira enraizar no pobo. Dende o meu punto de vista, máis que a dispersión en si, a cal creo, pode aportar moita riqueza en canto a pluralidade; a falta dun entramado de conexiones entre as distintas poboacións de calidade, e a seguinte pedra no camiño.
  E un feito histórico que non somos pobo de grandes cidades, a riqueza xeográfica da nosa terra permítenos e motiva ter unha enorme dispersión, pero lonxe de eliminala, temos que tratar de apoiala cun forte e diversificado entramado de conexións de transporte e comunicación para facilita-la convivenza e equidade entre poboacións. Este entramado é básico no desenvolvemento e optimización de recursos, así coma para evita-lo abandono da terra, que a industrialización necesaria, pode provocar.
  É evidente que os problemas de comunicación e transmisión da mensaxe e das ideas desta revolución quedaron minorados polos avances tecnolóxicos neste sentido, pero que tamén coma poboación avexentada, temos que poñer máis esforzo neste particular, xa que ainda que os medios existan, sabemos que non tódala xente recibe a mensaxe, e ainda que coma en tódalas revolucións o noso obxetivo deben ser as novas xeracións e non as máis vellas, tamén debemos ter presente que nas nosas aldeas, as "novas xeracións" poden ter a misma idade que as "vellas xeracións" das cidades.
  Resumindo, a dispersión é boa, pero adolece de conexións que a fagan productiva e optimizada, e sobre todo, pese os avances tecnolóxicos, seguimos precisando dun sobreesforzo para reproducir e leva-la mensaxe a tódolos cantos da nosa terra.
  - O centralismo, derivado do problema histórico e que é síntoma claro de opresión e control, aumenta a nosa dificultade de maneira exponencial. E neste punto onde creo que se debería traballar con maior forza, xa que unido a característica da dispersión, debilita o pobo. Na Galicia actual, a dependencia respecto da Xunta que se ten nas provincias e concellos e o ridículo das deputacións, fan que os esforzos necesarios para a xestión de problemas locáis ou os retrasos na resposta do goberno central, sean tales, que a meirande destos problemas non se resolven, optase por parches, ou simplemente malgastanse recursos na resolución. Ademáis de que crean sentimentos de envexa, desconfianza e incluso odio entre poboacións irmáns polo trato desigual dado, o cal favorece o caciquismo e a desconfianza cara o alleo e traballa na contra da nosa labor de dispersión dos nosos ideais.
  Con todo isto non quero facer apoloxía de unha administración axigantada e deforme, que aumente os custos para unha miserable mellora, toda a estructura de goberno da nosa terra ten que ser revisada, en busca dunha solución óptima, non ten sentido alimentar parásitos políticos en administracións coma as actuais deputacións ou o senado español, pero si que precisamos de dar ou permitir figuras autónomas que faciliten a xestión de necesidades concretas e fagan de promotores para a evolución das distintas poboacións e polo tanto de toda Galicia.
  A miña proposta vai máis polo camiño de darlle a cada entidade encargos máis concretos e precisos do que é a sua labor, así como autonomía nestos e equidade representativa os órganos coordinadores. Usando coma exemplo o tema das comunicacións entre poboacións, se podería dicir que: O Concello encargarase das ruas da poboación, a Deputación fará as carreteiras comarcais, entre as distintas poboacións que xestiona, e a Xunta encargarase de promover, xestionar e coordinar xuntanzas entre deputacións co fin de crear o entramado principal e servir de xuiz nas posibles discrepancias. Coma se pode ver no exemplo a idea é que en lugar de centralismo, a Xunta sirva de elemento coordinador, cohesionador e supervisor da labor de cada concello ou deputación na estructura actual.
  A loita contra o centralismo vai da man da loita a favor dunha verdadeira democracia e nestes tempos actuais, temos que xuntarnos cos movementos que camiñen nesta dirección, co fin do mutuo apoio e a consecución dos nosos obxetivos. Creo que é clave en todo momento, aproveitar a situación e as revolucións ou pensamentos da sociedade actual, tanto galega, coma española, coma mundial.
  - A falta de relevancia é moitas veces unha morte silenciosa, sobre todo para movementos ideolóxicos, por moi boas e fortes que sexan as tuas ideas o teu ideal, se este carece de relevancia nunha sociedade, nunca triunfará. Co paso dos anos a relevancia dos ideais galeguistas baixou a niveles críticos, no estado actual de crise, non pode estar peor; dende logo é entendible que a xente priorice o traballo, o alimento, a familia e en definitiva a supervivenza a calquera outro ideal, pero se cadra a nosa realidade e que centrados e deslumbrados moitas veces polo convencemento da pureza e beleza dos nosos ideais carecemos de practicidade a hora de explicar o pobo, coma todo esta relacionado, e como a través do galeguismo pode mellorar, loitar e conseguir evitar o paro, a fame e a pobreza.
  Esta relación que semella inexistente e se cadra incluso irracional, e moi sinxela e directa. Primero, a riqueza do noso pobo, a falta dunha industria potente, está na terra, como puidemos ver nos puntos anteriores, o centralismo e a falta dunha boa rede de comunicación acaba levando a xente as cidades en busca dunhas mellores condicións de vida, o cal acaba empobrecendo a toda Galicia, facendoa dependente das empresas externas e aumenta a incidenza da crise na poboación. A nosa labor en mellorar e axudar a dispersión, volveria levar o pobo a terra e enriquecernos e incluso facernos menos influenciables das crises externas o aumentar a nosa independenza económica.
  Pola parte lingüística, non ei dicir o tópico de que a lingua aumenta postos de traballo polo simple xeito de requerir traductores, que é certo pero económicamente irrelevante, pero si que é certo que motiva a cooperación entre empresas galegas, o que fai que o entramado industrial sexa máis forte e volta a reducir a influencia das crisis externas na nosa terra. Por outra parte, dende logo os pobos que disfrutan de pluridade lingüística normalmente vense enriquecidos culturalmente, o que motiva unha mellora tanto económica coma social, coma exemplos utilizarei Suiza ou Canada, que creo poden servir de modelos avanzados.
  Polo tanto e de maneira resumida podemos ver caminos ou guias do que pode ser un reflexo directo de aumento da relevancia do ideal do galeguismo a través do seu uso como ideal de loita contra os problemas máis relevantes do noso pobo.
  - A carencia de intelectuais, e non quero dicir que seamos un pobo ignorante, quero dicir que adolecemos dos intelectuais revolucionarios necesarios, xente que abrace o ideario por enriba de calquera outra necesidade ou desexo, xente que tanto dende a cultura, como dende o movemento e sobre todo dende o exemplo, faga despertar un pobo durmido, ferido e desconfiado. As revolucións fanse con ruido, con manifestacións, con escritos que sexan estudiados e alabados durante anos, pero sobre todo faise no restaurante, no bar do pobo, a caron da lume e na partida. Temos que ter presente que máis que nos pese, non todos centran a sua vida no ideal galeguista, que non viven para él e que teñen bastante cos seus problemas. Temos que pensar que cada individuo posee as suas propias  ideas, conceptos e moral, temos que respetalos e unirnos a estes, temos que por semillas en cada persoa e rega-las para ve-la árbore medrar e no futuro disfrutar da espesura do bosque e temos que ter presente que quizáis non sexamos nos os que disfruten dela, pero si que podemos ser a orixe.

  Creo que por hoxe as miñas reflexións rematan, espero que alguén as lea, espero que a alguén lle parezan interesantes e dende logo espero que calquera que quera non dubide en contactar e debatir, ou comentar neste blog.

   Despídome por hoxe agradecendo o tempo dedicado e desexando sorte.

Leémonos,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as