viernes, 25 de julio de 2014

E ti, por qué os votas?

Benvid@s,

  A cercanía das próximas eleccións, a aparición de @ahorapodemos, @equo, @partido_x e outras formacións políticas máis a chegadas das mareas e gañemos como @mareaatlantica e @guanyem pídeme unha breve reflexión sobre as eleccións e os votos.

  Poñamos sobre a mesa o refrán "máis vale malo coñecido que bo por coñecer" que parece ser consigna seguida pola maioría da población votante e que axudou en gran medida a tendencia bipartidista que tanto dano fixo o noso país. Semella q a nosa falta de educación democrática lévanos a pensar que é mellor deixar os de sempre seguir a roubar o noso diñeiro no poder, que permitir a un novo partido demostrar se ofrece unha alternativa no governo.
  Axudando o punto anterior está a enfermidade moderna chamada "televisión", que fixo de nós vagos intelectuais que non se moven a hora de informarse e culturizarse e acepta con boa cara todo o que a "caixa tonta" lle ofrece, alienando a nosa forma de pensar e xerando unha equidade de pensamento que loita contra a pluralidade  e favorece o bipartidismo pola corrente intelectual, se todos pensan o mesmo é normal que voten o mesmo, e pola desinformación, se non coñeces outras alterntivas en profundidade, voltaremos o punto 1 do "máis vale malo coñecido que bo por coñecer".
  Pero non todo ia ser culpa nosa, non, debemos agradecer tamén a lei electoral o seu claro esforzo por facer deste un pais menos pluralista, outra das concesións da democracia os heredeiros do fascismo, que tiñan medo de encontrar outro parlamento plural e preferían ter controlado o mesmo dende a sua minoria cidadá antes que abrir as portas a múltiples formacións políticas; xa se sabe que coa pluridade acelérase o crecemento e a evolución das sociedades. o establecer os mínimos para a representación, o facer un reparto desigual dos escanos, o non darlle valor o voto en branco e a abstención, son medidas desta lei que fan que a verdadeira democracia neste pais, non exista.
  Pero sobre todo, o que lle quero votar a culpa de todo isto, do que fai que tras anos de políticas desastrosas o pobo siga ofrecendo o seu voto cara os mesmos partidos é a deficiente educación cidadá e o sistema capitalista que combinados afogan as vidas das persoas cada día máis. Estudia dende cada vez máis xoven, so materias para buscar traballo, non para que penses, menos filosofia e historia, mais matemáticas e física, máis horas de estudio, menos tempo libre, pra logo chegar o traballo, cada día traballa máis horas por menos diñeiro, cada día máis tempo ocupado pra que non penses no que fan e rouban, pra que non indagues, pra que non espertes. Ata o tempo libre se utiliza con esta fin na sociedade do consumo, ofrecendo mil saidas nas que gastar o tempo sen necesidade de preguntarnos que estamos facendo.
  En conxunto, temos unha nova pregunta, realmente votas o que pensas ou votas o que queren? Dende o meu punto de vista non hai dúbida, a maioria vota o que queren, e ainda en momentos de gran crise social como os actuais o seu sistema segue a funcionar. Vivimos nun pais de cabezas mirando o chan en lugar de mirando o futuro e será unha longa loita a que espere os que queran cambiar isto.

  Como fin, o meu pensamento cara o cambio, devolver a xente o tempo para que pensen e disfruten da sua vida, para que aprendan de novo a mirar o ceo, e educar as futuras xeracións no pensamento, non educalas para fagan ben un traballo, senon para que sepan pensar por si mesmos no que queren facer.

Saudos e sorte,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as