martes, 30 de agosto de 2011

¿E quen morreu? A Democracia..

Fai anos a sociedade española ven reclamando a reforma en profundidade da constitucion. Entre os que apoian un cambio de reximen eliminando a existencia da corona como soberana, os que buscaban unha maior separacion dos poderes lexislativo e xudicial, quenes querian unha reforma do poder lexislativo, quenes buscaban un incremento do poder rexional en prol dun estado federal... foron moitas as voces que pediron un cambio e moitas as razons esgrimidas, pero a resposta dos partidos maioritarios PP e PSOE sempre foi a mesma, "...a reforma da constitucion require uns esforzos e consensos non dispoñibles..."
Pois ben, hoxe 30 de Agosto de 2011, o mundo cambiou para estes partidos, o imposible logrouse e cunha falta de consenso e de esforzo nunca vista, aprobase no congreso unha reforma "express" da constitucion.
Moitas son as dubidas sobre a orixe da idea da reforma, o BCE, os mercados, Merkel; maiores as dubidas sobre o seu obxetivo, estabilizar a economia (en 2018?), mandar unha mensaxe os mercados; e mais si cabe sobre o resultado xa que parece que esta partida que estan a xogar os mercados e os estados fai tempo esta fora do control destes ultimos.
Enton ¿para que se fai? Esta e a pregunta maxica no dia de hoxe, de que vale unha medida que moitos expertos xa dixeron non tera un reflexo no mercado, causa unha separacion cos cidadans dificilmente arranxable e unha division entre partidos historica. Q pasou cos problemas de reformar a constitucion? Por que non se modifican as outras reivindicacions sociais?
As preguntas voan pero a realidade cazaas sen deixar respostas minimamente serias. A realidade mostra uns politicos facendo de dictadores encubertos a caza dos beneficios sociais e dereitos dos cidadans.
Hoxe morreu a democracia, fagamoslle un enterro digno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as