sábado, 3 de diciembre de 2011

Volveu a dictadura

Contan os libros de historia e os meus maiores, que antes de que nacera existiron moitas dictaduras. Todas estas seguian un patron moi basico, unha persoa, apoiado nun exercito, roubaba o poder a un pobo e estableciase como unico mandatario, protector do reino e guia moral do pobo. Dabase a norma de que os dictadores habitualmente eran xente de corte conservador que non aceptaba cambios e que loitaba contra o distinto. Por ultimo destacaba entre eles a costume de establecer circulos cercanos cerrados onde congregrar o poder, que xa se sabe que a intelixencia e contagiosa e que os que mandan sempre saben escoller adecuadamente os amigos.
Todos estes periodos e dictadores destacaron polo retraso causado nos seus paises e polo sufrimento do seu pobo.
Vivimos no mundo global e ainda podemos comprobar a plaga que significa cada vez que un deles toma o poder. Africa e oriente exemplifican claramente todos estes males; pero ainda asi permitimos a sua existencia, por desinterese e abandono do pobo oprimido ou por intereses economicos, para roubar a riqueza do pais.
O 1° mundo, como alguns jactanse en chamar, esta enchido de orgullo por haber deixado atras esa epoca e saca peito o falar das suas democracias.
Pois ben, a democracia morreu, exemplos coma Grecia e Italia demostran que o pobo volveu ser roubado, que non teñen o poder. A crise economica demostra cada dia que surxiu un novo tirano, pero semella que non conseguimos darnos conta. Somos tan cadriculados que cando algo sae do patron establecido xa non aceptamos chamalo igual. Dende logo agora non hai home e non hai exercito como tales, non hai guerra nin armas; pero iso seria ser superficial. A persoa trala dictadura son os ricos, os donos das meirandes fortunas do mundo e das empresas mais importantes (bancos, aseguradoras, etc.), o seu exercito son os directivos e politicos que fan realidade as suas operacions, a guerra e esta loita co pobo, por retirarlle dereitos, por retirarlle poder, por escravizalos, e as victimas somos todos, xa chegan os mortos reais, pero sendo mais obxetivos vemos que non fan falla cadaveres, que cada parado mais, cada traballo mais precario, cada dereito perdido fai de nos unha victima mais.
Dixeron que o capitalismo nos salvaba de todalas dictaduras que equilibraba o mundo, q iamos ser mais felices. Todo era mentira, cada paso que demos nesa direccion achegoulles mais o seu obxectivo.

Hoxe hai toque de queda!!

VOLVEU A DICTADURA!!!

Salve o capitalismo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as