domingo, 22 de mayo de 2011

O meu Maio do 2011

Tra-la sorpresa inicial e uns dias para  organizarse, aproveitei este fin de semana de reflexion para organizar ideas e obxetivos coa fin de non perde-la cabeza nin deixarme levar pola extasis da ilusion colectiva.

Comecei cheo de enerxia, querendo cambiar o mundo, enchido de obxetivos e metas, propostas e cambios. Poderiamos consegui-lo pleno empleo, esquecer a fame, eliminar as inxustizas e consegui-la paz mundial. A revolucion estaba feita, a xente, cada vez mais, votabase a rua para mostrar o seu apoio, a repercusion mundial era evidente e outros paises semellaban querer seguir o noso caminho... todo era posible, pero enton voltei o mundo.

Tinha unha comida familiar e abandonei toda a voraxime de sensacios e revolucion, de asambleas e propostas para acompanhar o meu entorno mais cercano por unhas horas, co obxetivo dunha celebracion familiar. De pronto a realidade abofeteoume duramente, semellaba que o que estaba a pasar, o que compartira hai unhas horas con tantos cidadans, era un sonho. Non era tema de conversa, pese a que existian debates politicos de todalas ideoloxias, non se mentaba, pese a que todo o mundo compartia as bases do movemento e estaba dacordo cos cambios necesarios, nin sequera no momento no que eu intentaba introducilos na noticia mostraban interese nela; semellaba unha historia que lles contaran, un conto, algunha noticia mais das que ignoraban nos seus periodicos e informativos diarios. A realidade volvia cunha claridade inequivoca, a praza Sol esta chea de xente pero Madrid ten moitas mais prazas, as protestas saen nos medios pero tamen a pobreza no mundo, os mortos das guerras, as inxustizas, os desastres... e ninguen fai nada, o mundo e coma o perezoso, pra movelo fai falla moito traballo.

Por iso tras novas reflexions e mais pensamentos, dime conta de tres cousas:
- Non ganhamos nada, non logramos nada, somos o comezo dun cambio, pero ese cambio segue sen desenho nin prazos.
- Somos moitos, pero doutro lado hai moitos mais, a funcion das prazas debe se-la de informar nas ruas (esto llo roubo a un bo amigo, gracias Gronji) pois todos sabemos que non a todo o que sae na tele se lle fai caso e que he mellor ir a informar que esperar a que pregunten.
- Podemos aportar mil ideas pero o final, o motivo principal polo que acampamos e para cambiar a democracia (a forma de votar), a participacion do pobo nela e limpala de corrupcion. Non nos extendamos tanto, o q moito agarra pouco apreta, concentremonos nisto, consigamolo e deixemos en mans desta nova democracia o resto de cambios.

Loitemos con todalas nosas forzas por conseguilo, pero centremonos, somos moitos e moi diversos, busquemolo comun e vaiamos cara diante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as