jueves, 18 de septiembre de 2014

O exemplo escocés

Benvid@s,

  Hoxe en un día histórico para Escocia, no momento de escribir estas líneas estan a contar os votos dun referendum para coñecer se o seu pobo decide separarse do Reino Unido, algo único e raro de ver e que para os seus cidadáns pode ser a decisión máis importante en toda a sua vida.
  Se algúns días atrás miraba con embexa a celebración da Diada en Cataluña, hoxe non se queda atrás a que me da o pobo escocés e esta oportunidade única. Pero volvendo o tema polo que vos escribo, creo que máis alá de o resultado debemos analizar outras cousas dende Galicia.

  O primeiro que me gustaría destacar é o rápido que se propagou o independentismo nunha nación como Escocia, debemos ter presente que o referendum aceptouse porque o goberno británico tiña a seguridade de que o NON arrasaría na consulta e como puidemos comprobar, sobre todo neste último mes de ameazas constantes e campaña intensiva do non tanto dentro coma fora do país, a realidade finalmente é que o SI gañou adeptos dunha maneira prodixiosa; para min unha lección evidente do que se pode facer cunha boa planificación e cando a diferencia entre pobos é evidente, quizáis un soño para Galicia, pero se cadra non tan lonxano coma puideramos pensar.

  O segundo é o momento único que estamos a vivir para plantexarnos esta posibilidade, o pobo non só quere a independencia por nacionalismo férreo, o pobo está farto da política actual, está farto de enganos e de trampas e sobre todo está farto de sufrir, e todo isto fai que a posibilidade de reinventarse con algo novo sexa moi atractiva incluso para a xente que non considera o independentismo como a sua meta. En España estámolo a ver con Podemos, Guanyem, MareaAtlantica.. son movementos que tamén terán que busca-la sua oportunidade no corto plazo, porque é sabido que portas coma esta non duran eternamente. Deberíanse replantexar os partidos nacionalistas galegos a necesidade de participar destes movementos e se cadra, coller a mínima oportunidade posible ante o que pode ser a única porta nesta xeración para alcanza-las suas metas.

  Por último querría facer unha reflexión contra toda esa corrente de presión que puxo o grito no ceo ante a posibilidade de que gañara o SI e que segue a asustar a todos con palabras coma crise, ruina, fame... a realidade de tódolos vosos temores só se basa nunha cousa, unha división de pobos fai máis dificil o control e manipulación das gobernos e polo tanto fai máis complicada ou polo menos costosa a existencia á oligarquía que agora estanos a gobernar, cando te ameazan por decidir por ti mesmo, só mostran o medo que teñen a que o pobo decida, descubren a gran mentira que son estructuras como a UE, OTAN, ONU e mostran abertamente que outro modo é posible.

  Se cadra o pobo escocés escolleu seguir baixo o control británico, porque non nos enganemos, a unión é entre iguais, e iso está moi lonxe de ser así tanto en Escocia coma en Galicia; pero ninguén os poderá culpar, o medo e libre e as presións son moitas, pero así coma en Inglaterra a simple existencia da consulta abre as portas a moitos outros (quen lle pode negar un referendum a Gales ou Irlanda?) en Galicia sírvenos de exemplo para o que podemos escoller, se a través do noso voto, empezamos a pensar máis como pobo e menos nos enchufes que o cacique de turno pódenos prometer.

  Despídome con soños de liberdade, esta noite voarei ata as montañas e escoitarei de novo o son das gaitas, que tamén para nos, son un simbolo do fogar.

Saudos e sorte,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as