viernes, 12 de septiembre de 2014

DiaDa envexa

Benvid@s,

  Onte foi a Diada en cataluña, a xente saíu a rua e fixeron unha demostración de conciencia de nación que dende a distancia non só ten que ser apoiada senon copiada e desexada, e a nivel personal vadesme ter que permitir que arda ca envexa que algo así faime sentir.
  As noticias, centrábanse no independentismo, a política actual e o nivel de conflicto, fai que cada referencia o pobo catalán como nación sexa vista como motivo de conflicto e de disputa, pero eu non me quero meter nunha guerra que non he miña máis alá de pedir democracia para un pobo, o catalán, que coma calquera outro, ten dereito a opinar sobre todo o que queiran e máis ainda sobre o que queren no seu futuro.
  A miña principal opinión, o meu principal pensamento respecto onte, é a envexa, producida por ver un pobo consciente do seu pasado, consciente da sua identidade, das suas orixes e da sua cultura. A Diada para o resto de pobos que aspiramos a reivindicar unha identidade maltratada pola historia, ten que ser un obxetivo, non dende o punto de vista do independentismo, non por ser un día de festa e de reinvindicación, senon pola conciencia, polo sentir, pola unión.
  Na Galicia sempre loitamos falando da opresión castelá contra a nosa cultura, contra a nosa economía e contra o noso pobo. Non vou a desmentir nada, só quero centrar o obxetivo de todas esas loitas, se alguén quere saber porque loitamos, a resposta perfecta é que buscamos a nosa Diada;  Galicia ten a lingua, ten a cultura, ten a historia e ten a identidade, son cousas polas que non se debe loitar, xa existen, so é necesario dalas a coñecer, pregoñalas e conservalas, pero o que máis lle falta a Galicia e a unidade!!
  Nos últimos anos somos presas do clásico problema de esquerdas, a autocomplacencia no discurso, na beleza dos ideais, chegamos o punto do enfrentamentos por demostrar o boas que son as ideas de cada ún sen pensar en que o importante e polas en práctica, non que sexan perfectas; por outra parte e tamén en moitos casos, cedimos o encanto do poder que votou tódolos nosos ideais e esforzos o lixo. O nacionalismo en Galicia non ten dereita e polo tanto cada disputa entre os seus representantes de esquerda supón unha derrota e un paso atrás no verdadeiro obxetivo da unidade, debemos ser críticos con nos, debemos escoitar o pobo, debemos buscar a unidade que algún día permita a xente sair a rua para celebrar que son galegos, sen máis.
  A oportunidade é única, nos momentos de crise, é cando o pobo é máis receptivo e mostra máis interese e maior unidade, aproveitemos, unámonos, fagamos que tod@s sintanse nación.

Saudos e sorte,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as