miércoles, 20 de octubre de 2010

Saudos

Nunca souben coma comezar un blog e descoñezo unha forma efectiva para interesa-la xente ou motiva-la lectura polo que optarei por presentarme e intentar transmiti-la idea que me fixo comezar co blog.

Son RedChaos (si, seino, é un apodo, pera isto tamén é internet), teño 26 anos, traballo na informática e levo unha vida normal, pertenzo a mal chamada clase media e sigo xentilmente as normas establecidas polos que mandan dende hai un tempo, algúns din que é pola presión recibida dende neno ou a educación; non vou tratar de xustificarme, se cadra se podería chamar cobardía pois o outro lado semella máis dificil de aturar.

O blog, digamos que e unha reflexión complexa, intentarei explicar cada unha de esas ideas que a veces chegan a nosa cabeza entre o ruido diario a vez que amoso a miña evolución persoal a partir delas; intentarei involucralos, picalos, motivalos para seguirme nesta interesante viaxe interior para buscalo cambio exterior de aquelo que nos rodea.

Esperovos o longo da aventura...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as