jueves, 21 de octubre de 2010

Entre Galicia e España

Presentanse os presupostos galegos para o 2011 e volta recortar en política social, volta a non invertir en investigación, volta a cola do mundo...

Si, seino, temos que apreta-lo cinto, temos que equilibrar os balances, temos que aforrar, pero non paro de pensar en que o final estamos a face-lo de sempre, tapar buratos e máis buratos nun barco que sen dúbida rematará no fondo da mar se seguimos neste camiño, as veces compre pararse nun punto da viaxe e facer arreglos na estructura antes que intentar seguir o ritmo do resto.
Galicia é un barco vello, que comezou con moita ilusión pero con carencias motivadas polas presas, que metían aqueles que decidiron escoller por todos, e que tras disfrutar da ilóxica galega durante uns largos anos(debemos se-lo único pobo que cando somos gobernados por alguén da terra recibe máis paos que axuda, eu llo achaco o costume xeral de quedar ben, como pasa co derradeiro bocado ó compartir comida e demáis), espertamos nunha España moderna sen disfrutar de ningunha mellora e co corpo magoado por estar nesa lista de comunidades con identidade propia que tanto queriase borrar nos anos precedentes. A esto podemoslle sumar o caracter, as costumes, a xeografía e mil cousas máis parar rematar de forma-la imaxen actual, cunha comunidade sen rumbo, a cola de España.
¿Temos futuro? Pois si, dende logo, todo o que queramos, sempre que avancemos na dirección correcta, temos que tentar de cambiar certas mentalidades no pobo (debemos motiva-la unión da xente e a creación de cooperativas), debemos reclamar que os nosos líderes potencien as áreas nas que somos fortes con grandes investimentos (somos grandes productores en leite, enerxía, alimentos, etc.) e busca-la evolución da tecnoloxía, xa que sen dúbida, ésta é o futuro; debemos xuntarnos para reclamar o estado español(sen ter en conta bandeiras nin partidos políticos) máis investimentos nas infraestructuras (punto no que somos os últimos de España) e unha maior defensa en Europa dos nosos bens (cando penso todo o que se loitou pola aceituna e o facilmente que se vendeu a cuota láctea férveme o sangue). Con estas bases poderíamos esperar un maior crecemento e soñar cun futuro a áltura da comunidade na que estamos.

Para rematar e mostrar un pouco a situación xeral en comparación co resto das comunidades(e se cadra espertar algunha conciencia durmida) so me cabe destacar:
-Galicia ten unha das dispersións de poboación máis elevadas e sin embargo as nosas autopistas son das máis caras, e a comunicación entre as grandes cidades e moi mala
-A infraestructura ferroviaria e malísima (usamos os trens que xa non se queren no resto de comunidades), e non disfrutamos de doble vía en casi ningún sitio, co que dispoñer duns cercanías de calidade é imposible
-A industria é casi inexistente e non se fixeron esforzos para mellorar a situación
-Un dos nosos maiores valores como é a producción de leite non foi debidamente defendido na Comunidade Europea

Pido a vosa colaboración para rematar esta lista...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as