miércoles, 16 de septiembre de 2015

Soidaridade con beneficio

Benvid@s,

  Estamos a vivir unha traxedia máis en Europa, as guerras que tan ledamente protagonizamos en Oriente Medio votaron das suas casas e dos seus paises a centos de miles de persoas que buscan un novo fogar onde porder seguir vivindo sen ter medo pola sua seguridade.
  Pero claro, a nosa ledicia remata co lanzamento das bombas, en canto a ser responsables das nosas accións non queremos saber nada. A xente que lle arrebatamos todo o que tiñan, que se busquen a vida nos seus paises veciños, eses que deixamos na miseria a base de robarlles os seus recursos a cambio de nada. Que é iso de buscar unha vida mellor, ben lles chega con estar vivos e punto... moitas veces cuestiono a nosa suposta "intelixencia".
  Os gobernos dos paises ricos seguen a demostrar unha falta de intelixencia e madurez propia dun neno caprichoso, o que non lle gusta compartir e moito menos non ter o que quere.

  Pero este non é un post máis para a crítica os nosos gobernos/políticos; non é un post para reclamar máis soidaridade coa xente que o necesita, cos nenos que están a morrer; hoxe veño a falar dunha oportunidade para a miña terra, para Galicia. Porque máis alá do simple xesto de axuda a uns refuxiados que fuxen da guerra e a morte, o terror e a fame, Galicia pode ver solventado un problema acuciante como é a perdida de poboación e o envellecemento da que queda. Pode solventar un problema que pode facer que no futuro non teñamos forma de pagar as nosas pensións, de manter o noso pobo, de mellorar a nosa terra. E todos estos beneficios a vez que se axuda a xente que está sufrindo.
  Nos últimos 4 anos Galicia perdeu 38.500 habitantes, ten un 23% de poboación con máis de 65 anos e sigue a aumentar esa porcentaxe ano tras ano... temos un problema grave, dende logo que tamén temos un problema de traballo, estamos nunha crise, pero o bo goberno non se pode centrar só en un problema, non pode focalizar o esforzo en problemas de 4 anos, temos que ter unha visión a longo prazo que trate de prever e solventar as dificultades futuras, e esta é unha das máis importantes.
  Se cadra semella ata egoísta expoñer esto, pero é unha realidade, e creo que bo será se axuda a poñer cabeza e ver doutra maneira a abrir as portas a esa xente que busca un futuro mellor. Os refuxiados poden ser unha solución pra nos, podemos darlle casa e terras nos nososo pobos, podemos darlle traballo e futuro, e a cambio eles poden darnos o seu esforzo para facer posible unha Galicia mellor e axudarnos a que teñamos a posibilidade dun futuro nesta terra. O goberno ten que xestionar o máis rápido posible esta oportunidade, porse en contacto cos concellos, cooperativas, empresas, porse en contacto con Europa e buscar unha boa estratexia, financiación europea para o plan? por que non? cando semella que todos queren evitar a chegada desta pobre xente os seus paises. Nos damoslle un lar e Europa axuda co diñeiro para poder ofrecerlles un texido laboral decente. A cousa é actuar rápido para non perder a oportunidade e para non seguir manchando as nosas mans coa sua sangue.

  Se cadra non son correcto, se cadra non é sinxelo, pero creo que nunca o é, e sempre temos que bailar coa realidade ca música que toca nese momento. Pensadeo ben, xa non quedan excusas pra dicir non.

Bos días e boa sorte,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as