miércoles, 29 de octubre de 2014

Exportacións coma eixe do cambio económico

Benvid@s,

  Pensando en posibles saidas ou evolucións da economía galega cheguéi a conclusión que o futuro, neste mundo globalizado, pasa pola reindustralización en sectores de alto nivel tecnolóxico. O problema en Galicia é como facer ese salto, pasar dun texido inexistente a un texido elaborado e concentrado en sectores especializados.
  A aposta parece sinxela, políticas de incentivo a toda iniciativa privada que aposte por estes sectores e ademáis, desenvolso por parte do estado para crear centros de máximo nivel en I+D. Pero cando chegamos a estas 'sinxelas' solucións, sempre nos encontramos ca mesma dúbida: De onde obter o diñeiro necesario para afrontar estes cambios dunha economía sen industria e cunha agricultura minorista? Pois en eso consiste este post, nunha idea ou proposta para coas nosas ferramentas, xerar diñeiro suficiente para afrontar o cambio cara o futuro que necesita Galicia.

  Exportación, venta de producto local no extranxeiro, pero sexamos realistas, Galicia non se pode considerar capacitado para competir no mercado por volúmenes de producto, entón, cal é a saida? A calidade. Galicia tería que apostar por facer da marca "Galicia Calidade" un referente internacional e por tratar de levala a os mercados internacionáis de maior crecemento (EEUU, China, Xapón, países nórdicos, etc.) e facer isto sen complexos, competindo o máis alto nivel contra o resto, tanto en presencia nos sectores máis exclusivos coma en prezos.
  Semella sinxelo, pero todos sabemos que non o é. Hoxe en día, Galicia non conta con empresas axeitadas a esta labor, máis alá de Inditex, que obviaremos no análise, por ser a excepción a regla e tamén porque a sua forza productiva atópase noutras localizacións xeográficas. Polo tanto e a falta de empresas para esta tarefa, parece que o paso a dar é claro, crear empresas capacitadas para a exportación dos nosos productos nos mercados que desexamos alcanzar. Entón a nosa aposta inicial será as empresas de exportación que traballen cos productores locais e busquen ventas nos mercados clave.
  Cal é o traballo do goberno nunha actividade privada? Aquí chegamos o importante, o traballo do goberno debería centrarse en 3 eixes, o primero sería a incentivación para a creación de empresas de exportación, tanto con beneficios fiscais ou axudas, coma na formación, o ser este un sector que precisa de aptitudes especiais; o segundo sería a creación dun intermediario público para contactar productores coas empresas exportadoras, a razón para a existencia deste intermediario e tratar de evitar a competencia interna e facilitar a integración neste proceso dos minoristas; por último comezar a montar os centros de I+D, inicialmente centrados na mellora productiva e na conservación do producto, así coma na mellora da calidade, para a través do intermediario público facilitar a aplicación dos avances entre tódolos productores.
  Coma aclaración final, o intermediario público tamén serviría para fomentar e suxerir os productores cales son os mellores productos e cales teñen maior saida no mercado.
 
  Coma sempre digo, a idea queda lanzada, espero que interese e chegue a quen a poida levar a cabo, o proceso non é sinxelo, pero dende logo sentaría as bases productivas e económicas para poder apostar posteriormente por xerar un texido industrial que asegure o futuro da nosa terra, xa que cos frutos recollidos desta actividade, poderíamos financiar as políticas necesarias para ese cambio.

Bos días e boa sorte,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as