viernes, 8 de abril de 2011

Fukushima

Sempre sorprendeume a facilidade da sociedade pra esquecer e seguir adiante. Pareceme unha habilidade unica e inestimable nalguns casos e sorprendentemente hipocrita na maioria deles.

Apenas fai un mes os periodicos de medio mundo ocupaban as suas portadas con fotos e relatos da crisis mundial, provocada polas explosions na central de Fukuxima. Foron longos dias nos que se transmitia a impresion de inquedanza, de urxencia, de desastre... A dia de hoxe e estando o problema moi lonxe de calquera solucion, as noticias abandonaron completamente a Fukuxima da sua actividade diaria, so quedan pequenos comentarios para rechear telediarios que non fan mais que sobrevoar as novas.

Fukuxima segue morrendo, segue danando o planeta, segue a modifica-la vida dun pais e do seu futuro pero xa non e noticia, o suspense desapareceu e coma se dunha mala novela de misterio se tratase, unha vez resolta a trama xa non hai motivo de seguir a ler a historia.
A verdade e que os maiores interrogantes seguen sin resolver ¿canto se tardara en recuperar a zona? ¿existen culpables da catastrofe? ¿hai mais centrales en risco?... Son cuestions sin resposta que ninguen plantexa xa, porque hoxe en dia os periodistas son expertos en vender historias coma os bos literatos e a verdade xa non vende, o que vende son as historias e desta xa se sabe a fin.

domingo, 3 de abril de 2011

Xapon

Non tenho palabras suficientes para describir o sentimento que me provocou o sucedido en Xapon. Un pobo xamais deberia sufrir tan amargamente, tan profundamente.

A natureza volvenos mostrar a mais dura realidade, a realidade da nosa debilidade, o noso lugar dentro do mundo e o seu poder mais absoluto. Debemos mostrar a nosa soidaridade co pobo xapones, cun pobo que sufre e intenta manterse erguido tras un golpe tan duro.

Sintoo moito!

Libia

Pouco mais podo aportar a este conflicto que a minha opinion reflexada no anterior post. O que si queria matizar neste caso ou mais ben recordar e que, quen ahora e o obxetivo numero 1 para todos en occidente, un dictador e asesino, foi fai pouco tempo considerado aliado na rexion e fai un pouco mais de tempo era un protector de terroristas e obxetivo prioritario americano.

E raro para calquera aprender leccions eticas de quenes segun o crudo que estea na balanza decantanse por unha ou outra moralidade. Agora atacamos un dictador e chamamolo asasino, manha defenderemos a outro y chamaremolos "peza clave na rexion". De verdade estamos moralmente calificados pra intervir?

sábado, 2 de abril de 2011

O mundo en guerra

No ultimo mes estamos a ver protestas e revueltas no mundo pedindo liberdade. Atentos os que fan os libros de historia xa que semella que tocara reflexar outro paso axigantado na busqueda dun mundo mellor.

Alegrame poder comprobar que os pobos con menos liberdades estanse a mover na busqueda dun  futuro mellor para todos.

Agora adxunto a minha reflexion. E boa idea que os paises democraticos intervenhan nestes conflictos?. Duas caras:
-O normal seria apoiar todalas revoltas que busquen unha democracia coma forma de goberno. Se cadra seria o mellor caminho pero eso exise que a ONU encabece todalas intervencions en todalas revoltas por moi "amigo" que se considere o dictador de turno. E trala revolta faga supervision das primeiras eleccions e da primeira constitucion. Todo este belicismo traeria un coste humano elevado que os paises e pobos democraticos deberian pagar e aceptar por un futuro mellor ademais de que non se poderia intervir nas futuras decisions dos pobos democratizados.
-Cada pobo ten qye loitar polas suas liberdades. Neste caso os paises democraticos tenhen que aceptar o que pase nas revoltas e mirar cara outro lado. Se cadra vese unha decision cruel pero asi ocorreu nos nosos paises e ninguen veu a axudarnos. Podemolo chamar evolucion social.

Cal destes caminhos e a mellor solucion non se pode decidir con facilidade. A historia diria que o segundo pero neste caso os pobos xa foron influidos por nos. Manexan armas dunha destruccion moi superior que no noso tempo. Quizais terminar dunha vez o que comezamos a facer hai anos e conseguir democracia para todo o mundo sexa o mellor.
Mentres voltamos a mostrar a peor das nosas caras e facemos as cousas por interes. Intervir solo en Libia volve a dar unha penosa imaxe de occidente e volve dicir de nos que so nos move o peteoleo e o dinheiro.

Nolesvotes

Dende aqui mando o maximo apoio a este movemento. Fora da protesta en contra da lei sinde, creo que estase a convertir nun exemplo democratico de protesta, reflexion e libertade que facia tempo a xente necesitaba.

Sempre fun un pouco esceptico ante estes movemetos pois na minha vida puiden comprobar, e mais dende Galicia, que a xente e moi cobarde e o final termina cedendo e votando unhas cores en lugar dunas promesas ou ideais.

Confio en que acaden moito seguemento, confio en que non morra co tempo e sonho con que sexa a mecha dun cambio que coma noutros lugares do planeta, faga a xente darse conta da realidade e voltar a loitar polas suas ideas.

A lei Sinde

Fai xa tempo que non escribo nada. Non tenho escusas e espero poder ponherme o dia co blog.
Para comezar gustariame falar brevemente da Lei Sinde.

He unha vergonha e dende logo un acto anticonstitucional que unha serie de politicos decidan defender os dereitos dun lobby empresarial antes cos dos seus representados. Coma sempre teremos que esperar anos antes de darnos conta do verdadeiro alcance desta lei, xa que ainda hai xente que considera que o relacionado con internet non lle afecta e non son capaces de ver que a lei aprovada pode estar a altura das primeiras leis promulgadas en contra da liberdade de expresion e de pensamento.

Demostremos o noso enfado con estes partidos apoiando a nolesvotes e mostremoslles os actuais politicos que ainda pensamos e decidimos coma individuos

miércoles, 27 de octubre de 2010

De periodistas e manipuladores

Fai anos existía unha clase de persoas que máis alá de calquera pensamento ou idea propia, traballaban na búsqueda da verdade alá onde estivera. Esta xente melloraba e ampliaba o coñecemento do mundo de moitas outras persoas, mostrabanno-las inxustizas do mundo, os trapos sucios, perseguian os males do mundo e os malvados alá onde se agocharan e tentaban, arriscando as suas vidas, que ninguén puidera roubarno-la realidade.

Noticia 1
Noticia 2

Nestes links podemos ver duas noticias dos anos 2009 e 2008 sobre os carburantes, neses anos puidemos escoitar en moitos medios noticias sobre especuladores co prezo da gasolina, etc. Neste ano 2010 que temos o prezo máis caro con diferencia, a noticia xa non aparece por ningures....

De mineros

Sucesos en China no ano 2009, unha verdadeira traxedia que pasou desapercibida nos medios españoles, non é así co accidente mineiro máis seguido do século

Estes son dous breves exemplos do que fan os manipuladores de hoxe en día (enlazo unha conferencia bastante máis educativa, dun experto no tema como é Ricardo Galli), porque non fai falla cambiar a información para manipula-la opinión da xente, basta as veces con seleccionar adecuadamente as novas que queres dar, e niso os medios actuales de información son os reis, nin sequera a red de redes é quen de evitalos.

Pero ainda queda algunha esperanza, algúns periodistas sobreviven os medios corruptos de diñeiro e seguen a loitar pola información, wikileaks mostrou a bandeira a que debemos aferrarnos todos, buscou a verdade alí onde se atopaba, pese a quen lle pese e custe o que custe, eles si loitan por nos, por eso debémolos apoiar, debémolos escoitar e sobre todo debémolos defender para que poidan seguir dándonos liberdade, a liberdade que temos o coñece-la verdade das cousas.

Por iso únome as peticións de axuda a wikileaks e así mesmo declaro que continuarei a usar bloggers para informarme, seguirei contrastando a información por internet e loitarei no meu entorno contra a desinformación que nos rodea, porque un cidadán desinformado é unha magoa, pero 100.000 poden ser un problema para todos nos.

Para rematar, deixo unha explicación mellor e en menos palabras do gran JRMora

De noticias
O importante

jueves, 21 de octubre de 2010

Entre Galicia e España

Presentanse os presupostos galegos para o 2011 e volta recortar en política social, volta a non invertir en investigación, volta a cola do mundo...

Si, seino, temos que apreta-lo cinto, temos que equilibrar os balances, temos que aforrar, pero non paro de pensar en que o final estamos a face-lo de sempre, tapar buratos e máis buratos nun barco que sen dúbida rematará no fondo da mar se seguimos neste camiño, as veces compre pararse nun punto da viaxe e facer arreglos na estructura antes que intentar seguir o ritmo do resto.
Galicia é un barco vello, que comezou con moita ilusión pero con carencias motivadas polas presas, que metían aqueles que decidiron escoller por todos, e que tras disfrutar da ilóxica galega durante uns largos anos(debemos se-lo único pobo que cando somos gobernados por alguén da terra recibe máis paos que axuda, eu llo achaco o costume xeral de quedar ben, como pasa co derradeiro bocado ó compartir comida e demáis), espertamos nunha España moderna sen disfrutar de ningunha mellora e co corpo magoado por estar nesa lista de comunidades con identidade propia que tanto queriase borrar nos anos precedentes. A esto podemoslle sumar o caracter, as costumes, a xeografía e mil cousas máis parar rematar de forma-la imaxen actual, cunha comunidade sen rumbo, a cola de España.
¿Temos futuro? Pois si, dende logo, todo o que queramos, sempre que avancemos na dirección correcta, temos que tentar de cambiar certas mentalidades no pobo (debemos motiva-la unión da xente e a creación de cooperativas), debemos reclamar que os nosos líderes potencien as áreas nas que somos fortes con grandes investimentos (somos grandes productores en leite, enerxía, alimentos, etc.) e busca-la evolución da tecnoloxía, xa que sen dúbida, ésta é o futuro; debemos xuntarnos para reclamar o estado español(sen ter en conta bandeiras nin partidos políticos) máis investimentos nas infraestructuras (punto no que somos os últimos de España) e unha maior defensa en Europa dos nosos bens (cando penso todo o que se loitou pola aceituna e o facilmente que se vendeu a cuota láctea férveme o sangue). Con estas bases poderíamos esperar un maior crecemento e soñar cun futuro a áltura da comunidade na que estamos.

Para rematar e mostrar un pouco a situación xeral en comparación co resto das comunidades(e se cadra espertar algunha conciencia durmida) so me cabe destacar:
-Galicia ten unha das dispersións de poboación máis elevadas e sin embargo as nosas autopistas son das máis caras, e a comunicación entre as grandes cidades e moi mala
-A infraestructura ferroviaria e malísima (usamos os trens que xa non se queren no resto de comunidades), e non disfrutamos de doble vía en casi ningún sitio, co que dispoñer duns cercanías de calidade é imposible
-A industria é casi inexistente e non se fixeron esforzos para mellorar a situación
-Un dos nosos maiores valores como é a producción de leite non foi debidamente defendido na Comunidade Europea

Pido a vosa colaboración para rematar esta lista...

miércoles, 20 de octubre de 2010

Folgas e varios

Facendo a miña viaxe diaria polos blogs que sigo, atopei unha interesante viñeta do gran JRMora que define de manera moi simple a realidade do noso país respecto das folgas e a vez fixo voa-la miña cabeza na busqueda dunha reflexión...

¿Que motiva a pasividade da poboación obreira a hora de movilizarse na contra das decisións dos gobernos?, sendo un pais abertamente crítico nas discusións diarias e cunha aberta pluridade de ideas ¿por que a hora de mostra-las e defende-las perdemos tódolos folgos?.
A verdade e que existen tantas teorias como prensa e pensadores hai, algúns botan a culpa a xeración nini, outros os sindicatos, outros o goberno, hainos que opinan que a xente xa non cree no poder da manifestación e outros din que os xoves de hoxe en día non estamos acostumados a loitar por nada; podería estar así eternamente e atopar razóns unha tras outra, se cadra ata unha por cada cidadán, quizáis incluso máis...
Recordo que cando era neno sempre me quería facer maior, que a xente me tratara como alguén maior, que me consideraran responsable e cando llo plantexaba o meu pai el sempre me dicia o mesmo, "tratareite como alguén maior cando sexas responsable das tuas accións". Se cadra é así de sinxelo, quizáis so buscamos culpables ou excusas, quizais é hora de que asumamos as nosas responsabilidades como adultos, polo noso ben, polo ben dos nosos e polo ben do futuro, se cadra abonda con facer autocrítica, se cadra cun pequeno esforzo sexa suficiente, por iso me propoño unha meta no meu camiño por mellorar, manifestareime cada primeiro mercores do mes, sen pancartas, sen eslogan, sen ruido so eu e aqueles que desexen unirse a min, as 8 da tarde, cunha bufanda vermella, na porta do concello da miña cidade, de cada cidade, por retificar as políticas e volve-las máis sociais, polo cambio dos políticos, dos sindicatos, da sociedade... porque se cadra SÍ se pode

Saudos

Nunca souben coma comezar un blog e descoñezo unha forma efectiva para interesa-la xente ou motiva-la lectura polo que optarei por presentarme e intentar transmiti-la idea que me fixo comezar co blog.

Son RedChaos (si, seino, é un apodo, pera isto tamén é internet), teño 26 anos, traballo na informática e levo unha vida normal, pertenzo a mal chamada clase media e sigo xentilmente as normas establecidas polos que mandan dende hai un tempo, algúns din que é pola presión recibida dende neno ou a educación; non vou tratar de xustificarme, se cadra se podería chamar cobardía pois o outro lado semella máis dificil de aturar.

O blog, digamos que e unha reflexión complexa, intentarei explicar cada unha de esas ideas que a veces chegan a nosa cabeza entre o ruido diario a vez que amoso a miña evolución persoal a partir delas; intentarei involucralos, picalos, motivalos para seguirme nesta interesante viaxe interior para buscalo cambio exterior de aquelo que nos rodea.

Esperovos o longo da aventura...