Presentanse os presupostos galegos para o 2011 e volta recortar en política social, volta a non invertir en investigación, volta a cola do mundo...
Si, seino, temos que apreta-lo cinto, temos que equilibrar os balances, temos que aforrar, pero non paro de pensar en que o final estamos a face-lo de sempre, tapar buratos e máis buratos nun barco que sen dúbida rematará no fondo da mar se seguimos neste camiño, as veces compre pararse nun punto da viaxe e facer arreglos na estructura antes que intentar seguir o ritmo do resto.
Galicia é un barco vello, que comezou con moita ilusión pero con carencias motivadas polas presas, que metían aqueles que decidiron escoller por todos, e que tras disfrutar da ilóxica galega durante uns largos anos(debemos se-lo único pobo que cando somos gobernados por alguén da terra recibe máis paos que axuda, eu llo achaco o costume xeral de quedar ben, como pasa co derradeiro bocado ó compartir comida e demáis), espertamos nunha España moderna sen disfrutar de ningunha mellora e co corpo magoado por estar nesa lista de comunidades con identidade propia que tanto queriase borrar nos anos precedentes. A esto podemoslle sumar o caracter, as costumes, a xeografía e mil cousas máis parar rematar de forma-la imaxen actual, cunha comunidade sen rumbo, a cola de España.
¿Temos futuro? Pois si, dende logo, todo o que queramos, sempre que avancemos na dirección correcta, temos que tentar de cambiar certas mentalidades no pobo (debemos motiva-la unión da xente e a creación de cooperativas), debemos reclamar que os nosos líderes potencien as áreas nas que somos fortes con grandes investimentos (somos grandes productores en leite, enerxía, alimentos, etc.) e busca-la evolución da tecnoloxía, xa que sen dúbida, ésta é o futuro; debemos xuntarnos para reclamar o estado español(sen ter en conta bandeiras nin partidos políticos) máis investimentos nas infraestructuras (punto no que somos os últimos de España) e unha maior defensa en Europa dos nosos bens (cando penso todo o que se loitou pola aceituna e o facilmente que se vendeu a cuota láctea férveme o sangue). Con estas bases poderíamos esperar un maior crecemento e soñar cun futuro a áltura da comunidade na que estamos.
Para rematar e mostrar un pouco a situación xeral en comparación co resto das comunidades(e se cadra espertar algunha conciencia durmida) so me cabe destacar:
-Galicia ten unha das dispersións de poboación máis elevadas e sin embargo as nosas autopistas son das máis caras, e a comunicación entre as grandes cidades e moi mala
-A infraestructura ferroviaria e malísima (usamos os trens que xa non se queren no resto de comunidades), e non disfrutamos de doble vía en casi ningún sitio, co que dispoñer duns cercanías de calidade é imposible
-A industria é casi inexistente e non se fixeron esforzos para mellorar a situación
-Un dos nosos maiores valores como é a producción de leite non foi debidamente defendido na Comunidade Europea
Pido a vosa colaboración para rematar esta lista...
Mostrando entradas con la etiqueta España. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta España. Mostrar todas las entradas
jueves, 21 de octubre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)