lunes, 14 de septiembre de 2015

Unha oportunidade perdida

  Benvid@s,
  
  Fai uns 4 anos produciase a quebra dunha empresa coma Clesa, un símbolo da industria láctea e un drama para Galicia que temía a perdida de emprego xerado polo peche dunha fábrica en Caldas de reis nos anos máis críticos da actual crise.
  Os medios fixeron presión e o goberno moveuse para finalmente "conseguir" a venda desta fabrica a Feriado,  daquela todos eran felices e parecía a mellor opción posible, agora salta o escenario a outra realidade. A labor dos que mandan non é buscar o camiño fácil senon o mellor de cara ao futuro, e creo que aquí non se fixo. 

  E voltamos o presente, anos despois da fatídica negociación en Europa da cota do leite, da enésima demostración de deslealdade do goberno central con Galicia, e logo de pasar todos estes anos sen ningunha preparación nin por parte do goberno ni dos gandeiros para a fin das cotas e a volta o mercado máis salvaxe, atopamonos de novo cun problema no sector lácteo que semella ser fatídico, e non podo máis que voltar a preguntarme se a venta da fábrica de Clesa en Caldas non foi unha oportunidade perdida.
  Unha oportunidade de crear unha grande cooperativa galega cunha fábrica para o procesado e xestión da sua materia base que permitira os gandeiros unha vía alternativa que non fose un mercado manipulado que paga por debaixo de prezo productivo o leite e que forza o peche todas as explotacións gandeiras ca gravísima consecuencia para a economía e traballo galegos. 
  Claro que para esto facia falta a intervención de estado, facia falta poñer diñeiro, facer xestión, pelear con algúns deses amigos ricos que os nosos gobernos teñen e facer inversións para mellorar a conexión a fábrica, todo isto, sen poder asegurar un beneficio nas eleccións, porque a xente normalmente non é paciente e se cadra non entende o fondo deste tipo de planes. Pero iso é o que fan os bos líderes e está máis que demostrado que temos uns ineptos o cargo.
  Por iso a día de hoxe, a miña percepción, o meu sentir e que deixamos unha oportunidade perdida e que semella que estamos destinados a protesta por unhas axudas que son caridade e non solución o noso sector. O lácteo pinta negro e non se pode seguir perdendo oportunidades.

Bos días e boa sorte,

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as