Mostrando entradas con la etiqueta Política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Política. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de septiembre de 2014

DiaDa envexa

Benvid@s,

  Onte foi a Diada en cataluña, a xente saíu a rua e fixeron unha demostración de conciencia de nación que dende a distancia non só ten que ser apoiada senon copiada e desexada, e a nivel personal vadesme ter que permitir que arda ca envexa que algo así faime sentir.
  As noticias, centrábanse no independentismo, a política actual e o nivel de conflicto, fai que cada referencia o pobo catalán como nación sexa vista como motivo de conflicto e de disputa, pero eu non me quero meter nunha guerra que non he miña máis alá de pedir democracia para un pobo, o catalán, que coma calquera outro, ten dereito a opinar sobre todo o que queiran e máis ainda sobre o que queren no seu futuro.
  A miña principal opinión, o meu principal pensamento respecto onte, é a envexa, producida por ver un pobo consciente do seu pasado, consciente da sua identidade, das suas orixes e da sua cultura. A Diada para o resto de pobos que aspiramos a reivindicar unha identidade maltratada pola historia, ten que ser un obxetivo, non dende o punto de vista do independentismo, non por ser un día de festa e de reinvindicación, senon pola conciencia, polo sentir, pola unión.
  Na Galicia sempre loitamos falando da opresión castelá contra a nosa cultura, contra a nosa economía e contra o noso pobo. Non vou a desmentir nada, só quero centrar o obxetivo de todas esas loitas, se alguén quere saber porque loitamos, a resposta perfecta é que buscamos a nosa Diada;  Galicia ten a lingua, ten a cultura, ten a historia e ten a identidade, son cousas polas que non se debe loitar, xa existen, so é necesario dalas a coñecer, pregoñalas e conservalas, pero o que máis lle falta a Galicia e a unidade!!
  Nos últimos anos somos presas do clásico problema de esquerdas, a autocomplacencia no discurso, na beleza dos ideais, chegamos o punto do enfrentamentos por demostrar o boas que son as ideas de cada ún sen pensar en que o importante e polas en práctica, non que sexan perfectas; por outra parte e tamén en moitos casos, cedimos o encanto do poder que votou tódolos nosos ideais e esforzos o lixo. O nacionalismo en Galicia non ten dereita e polo tanto cada disputa entre os seus representantes de esquerda supón unha derrota e un paso atrás no verdadeiro obxetivo da unidade, debemos ser críticos con nos, debemos escoitar o pobo, debemos buscar a unidade que algún día permita a xente sair a rua para celebrar que son galegos, sen máis.
  A oportunidade é única, nos momentos de crise, é cando o pobo é máis receptivo e mostra máis interese e maior unidade, aproveitemos, unámonos, fagamos que tod@s sintanse nación.

Saudos e sorte,

martes, 5 de agosto de 2014

Un novo reto: Eleccións municipais 2015

Benvid@s,

  Un novo reto asomase no horizonte, e semella que a xente está comezando a tomarlle o pulso, trala ilusionante aposta en Barcelona de @guanyem pola unidade social de cara as eleccións municipáis en 2015, A Coruña colle o guante en lanza @mareaatlantica coma claro exemplo a seguir para as outras cidades galegas e como claro síntoma de que Galicia semella espertar destes anos de corrupción e política oligarquica querendo estar a cabeza do cambio.
  Coma exemplos cercanos a irrupción de @alternativaGZ nas eleccións galegas, un veterano da política coma @xmBEIRAS voltaba para darlle clases a un @obloque que parecía indixestado con tanta repercusión e poder, e claramente influido pola oligarquía e resultadismos dos partidos nacionales (@ppdegalicia/@PSdeG) e que semellaba perdera o rumbo nos anos de bipartito.
  Coma exemplos máis lonxanos, pero se cadra de máis calado e importancia, a xeración do renacemento galego (Castelao, Ponte, Luis Seoane, Casares Quiroga, etc.), que tanto loitou nos anos da república polo recoñecemento e que levounos cara a autonomía, que nestes anos tanto nos esforzamos por destruir.
  Pero non vai ser este un post de crítica, pechamos a porta a negatividade e comezamos co positivo. Positivo que se vexa unha corrente cultural máis preocupada pola política e que pretende deixar marca nesta, o final, a cultura, debe participar e influir a política; positivo polo paso adiante do pobo, o inmiscuirse e tomar voz na actualidade e por fin, non deixar a Galicia a cola de España; positivo polo que semella unha corrección do mensaxe galeguista, non estamos aquí para loitar contra ninguén, estamos para defender unha cultura, unha historia, un pobo, pero dende logo, sabendonos adaptar os tempos e a nosa xente, sobre todo a nosa xente e as suas esixencias; positivo porque este tipo de movementos buscan unidade, e sempre é bo, ter un pobo unido; e por último positivo porque semella que a mensaxe está calando na política e nos políticos e se cadra ainda estamos a tempo de salvar algo.
  O reto e moi grande, loitar contra a corrupción, o caciquismo, a desilusión e a incredulidade, pero quizáis a enormidade do reto non é máis que outra motivación para quenes están a tomar parte neste movemento; e quizáis as formas do mesmo, dende a rua, con cidadáns, no día a día, sexa a mellor ferramenta para loitar contra aquelo que levan loitando os partidos durante décadas e que era tan dificil de derrotar. Semella pronto para augurar un bo futuro o movemento, pero dende a ilusión que produce, espero que teña a mellor das acollidas, de momento na Coruña en duas semanas xa teñen 1200 apoios.
  Chamo tamén os medios de comunicación tradicionáis a facerse eco deste e de tódolos movementos xemelgos que saian, porque sabemos que en Galicia é se cadra ainda máis importante a sua influencia, e esperamos poder ver na televisión e nos xornais, noticias diarias sobre as mareas.
  Para rematar, animar a toda a xente que está a participar nesta marea; á xente que está dubidando, empurrala a facelo; e a xente que mira sen entender moi ben o que pasa, motivalos a que se acheguen e pregunten,pois  poden ser parte de algo moi bonito e que cambie a nosa sociedade no futuro cara algo mellor.

Saudos e ánimo,

viernes, 25 de julio de 2014

E ti, por qué os votas?

Benvid@s,

  A cercanía das próximas eleccións, a aparición de @ahorapodemos, @equo, @partido_x e outras formacións políticas máis a chegadas das mareas e gañemos como @mareaatlantica e @guanyem pídeme unha breve reflexión sobre as eleccións e os votos.

  Poñamos sobre a mesa o refrán "máis vale malo coñecido que bo por coñecer" que parece ser consigna seguida pola maioría da población votante e que axudou en gran medida a tendencia bipartidista que tanto dano fixo o noso país. Semella q a nosa falta de educación democrática lévanos a pensar que é mellor deixar os de sempre seguir a roubar o noso diñeiro no poder, que permitir a un novo partido demostrar se ofrece unha alternativa no governo.
  Axudando o punto anterior está a enfermidade moderna chamada "televisión", que fixo de nós vagos intelectuais que non se moven a hora de informarse e culturizarse e acepta con boa cara todo o que a "caixa tonta" lle ofrece, alienando a nosa forma de pensar e xerando unha equidade de pensamento que loita contra a pluralidade  e favorece o bipartidismo pola corrente intelectual, se todos pensan o mesmo é normal que voten o mesmo, e pola desinformación, se non coñeces outras alterntivas en profundidade, voltaremos o punto 1 do "máis vale malo coñecido que bo por coñecer".
  Pero non todo ia ser culpa nosa, non, debemos agradecer tamén a lei electoral o seu claro esforzo por facer deste un pais menos pluralista, outra das concesións da democracia os heredeiros do fascismo, que tiñan medo de encontrar outro parlamento plural e preferían ter controlado o mesmo dende a sua minoria cidadá antes que abrir as portas a múltiples formacións políticas; xa se sabe que coa pluridade acelérase o crecemento e a evolución das sociedades. o establecer os mínimos para a representación, o facer un reparto desigual dos escanos, o non darlle valor o voto en branco e a abstención, son medidas desta lei que fan que a verdadeira democracia neste pais, non exista.
  Pero sobre todo, o que lle quero votar a culpa de todo isto, do que fai que tras anos de políticas desastrosas o pobo siga ofrecendo o seu voto cara os mesmos partidos é a deficiente educación cidadá e o sistema capitalista que combinados afogan as vidas das persoas cada día máis. Estudia dende cada vez máis xoven, so materias para buscar traballo, non para que penses, menos filosofia e historia, mais matemáticas e física, máis horas de estudio, menos tempo libre, pra logo chegar o traballo, cada día traballa máis horas por menos diñeiro, cada día máis tempo ocupado pra que non penses no que fan e rouban, pra que non indagues, pra que non espertes. Ata o tempo libre se utiliza con esta fin na sociedade do consumo, ofrecendo mil saidas nas que gastar o tempo sen necesidade de preguntarnos que estamos facendo.
  En conxunto, temos unha nova pregunta, realmente votas o que pensas ou votas o que queren? Dende o meu punto de vista non hai dúbida, a maioria vota o que queren, e ainda en momentos de gran crise social como os actuais o seu sistema segue a funcionar. Vivimos nun pais de cabezas mirando o chan en lugar de mirando o futuro e será unha longa loita a que espere os que queran cambiar isto.

  Como fin, o meu pensamento cara o cambio, devolver a xente o tempo para que pensen e disfruten da sua vida, para que aprendan de novo a mirar o ceo, e educar as futuras xeracións no pensamento, non educalas para fagan ben un traballo, senon para que sepan pensar por si mesmos no que queren facer.

Saudos e sorte,

domingo, 6 de julio de 2014

"Guanyem" o exemplo a seguir

Boas a tod@s,

  Acabo de firmar o meu apoio as aspiracións de "Guanyem" en Barcelona, fágoo despois de leer o manifesto que as acompaña, en catalán, como debe ser, e tamén en castelán, para o que non o entenda.

  Non creo que exista na política actual unha iniciativa tan democráticamente cercana o pobo, tan socialista, tan cooperativa, coma a que nos volve a presentar @AdaColau e por suposto todo o equipo de xente que con ela traballa, en Guanyem.

  Haberá coma non, xente que a acuse de mentir, por haber negado sempre a sua intención de facer política, a estes, dicirlles, que non creo que mentira, só que, como demostrou todo este tempo, é persoa de traballo para o pobo, e ten que ser para ela imposible negarse ó que tanta xente lle reclama. Por outra parte, que mellor que poderes disfrutar de xente de ben, e boa xente, na nosa política; moitas veces escoitei a leria de que se quere atraer aos mellores á política e por iso ten que ter unha boa remuneración; pois ben, desta vez, vennos de balde a todos.

  Pero o máis importante que, o meu entender, nos regala esta iniciativa, e novamente mostrarnos o camiño a seguir, coma coa @LA_PAH, adiantase o futuro, e coma os verdadeiros líderes, faino co seu traballo e co seu exemplo, nos mostra como afrontar o asalto as institucións para recuperalas e os pasos a seguir neste camiño, a vez que nos dá forzas para emprende-lo noso.

  Pode que @ahorapodemos e localmente en Galicia @alternativaGZ poda significar un cambio nas futuras elecciones estatais e rexionais, eles xunto co resto de novos partidos (@Partido_X, @Equo, @partido_pirata, etc.), poden facer unha fronte amplia, que derrote o bipartidismo e a oligarquía politica que secuetrou a democracia neste estado. Pero nas eleccións que chegan, nas municipáis, que nos son tan cercanas, e que normalmente dependen menos das bandeiras e das cores, e máis das necesidades diarias dos barrios.. nestas eleccións, e dende a miña humilde opinión, o que necesitamos é "guanyem" os nosos concellos, directamente, non a través dos partidos, senon da cooperación de todas esas organizacións que cada día poñen os seus esforzos en resolver e minimizar os problemas que afectan o noso concello. Eles son os máis cercanos a realidade, os que mellor coñecen as necesidades e dende logo, quenes levan anos loitando contra elas e por mellorar as nosas cidades.

  Dende este humilde blog, animo a todas as asociacións a buscaren estas coordinacións para loitar por recuperar ou "guanyem" de volta o control e a humanización das nosas cidades. Por favor, "guanyem" esta loita, cooperación por un futuro mellor, busquemos unha sociedade máis equitativa e democrática.

  E sobre todo e outra vez dar as gracias a quenes nos espertan e nos ofertan modelos a seguir, que inspiran os nosos corazóns e alzan a nosa voz, outra vez as gracias a @AdaColau e os seus compañeiros, porque xente coma eles é a vez, tan necesaria e tan escasa, que traen a ledicia o meu rostro co seu traballo.

Gràcies,

miércoles, 18 de junio de 2014

Comida, non discriminación

Benvid@s de novo,

  No último mes estamos a ver na primeira plana dos noticiaros constantes novas sobre a grave situación de insuficiencia e precariedade na alimentación que sofren os nenos no estado español. Situación esta, que moitos xa sinalaran hai meses pero que ata a chegada do verán quedou no caixon dos periodistas e medios de comunicación.
  Máis concretamente na nosa comunidade, puidemos escoitar as palabras dun deputado do @PPopular, que parecia máis preocupado da imaxe dada polas posibles accións de axuda e auxilio aos nenos, nesta situación, que pola gravísima situación que estes pasan. Máis tarde, tentou camuflar as suas palabras dándolles un sentido de preocupación pola posible discriminación que poderían sufrir os nenos que acudiran e solicitaran estas axudas.

  Pois ben, dende este pequeno rincón queremos dicirlle o señor deputado Ramón Rodríguez que é un caradura, un egoísta, un dexenerado.. un neno sen recursos, que acuda a un colexio no verán, para poder ter unha boa comida diaria, só podería ser discriminado por xentuza que comparta os seus mesmos adxetivos, e afortunadamente, desa xente en Galicia hai pouca e case toda na política. Que ainda así existen mil maneiras de camuflar ou adornar o feito de acudir o comedor; clases de apoio, concursos, campamentos.. e nin sequera preciso dos centos de asesores que teñen vostedes na Xunta para axudarlles a encontrar maneiras de facer máis levadeira e amigable a esperiencia para os nenos. E que dende logo, que automaticamente non presente a dimisión só acentúa todas as calificaciones anteriormente mencionadas.
  En que mundo estamos a vivir, no que un representante do pobo, dí estas barbaridades, en que mundo vivimos para que non se desculpe automaticamente e ainda a xente acepte unhas desculpas absurdas e quede tan ricamente, como se hai uns días non fixera tambalearse todo o que é decente neste mundo.

  Últimamente as cousas só van a peor, as situacións cada día máis extremas, o comportamento dos nosos representantes cada vez máis dexenerado e os medios cada día máis comprados.
  Compañeiros, de esta situación non nos vai sacar nadie, non podemos esperar ó príncipe do conto, desta só se sae loitando cada día polo noso, protestando na rua, e xuntandose. Os seguintes anos serán como un éxodo polo deserto, necesitamos ser cada vez máis colaborativos, derrubar eses muros que puxemos nos últimos anos, e volver os orixes da nosa terra, volver a traballar co veciño, deixar as disputas e as rifas e falar máis entre nos; pero sobre todo, botar fora a todos eses políticos que levan anos vivindo de nos coma verdadeiras sanguessugas e que nos fan tanto mal. E tempo de voltar a cooperativa e os economatos, de tentar buscar alternativas sociais os problemas que surxen a diario.

  Por finalizar o post, entre comida e discriminación, escollo comida, porque é básico, é máis importante, e é precisa unha resposta inmediata. E entre vostede señor deputado e un mono, prefiro o mono, que polo menos está calado.

Boa sorte e ata o seguinte,

jueves, 21 de octubre de 2010

Entre Galicia e España

Presentanse os presupostos galegos para o 2011 e volta recortar en política social, volta a non invertir en investigación, volta a cola do mundo...

Si, seino, temos que apreta-lo cinto, temos que equilibrar os balances, temos que aforrar, pero non paro de pensar en que o final estamos a face-lo de sempre, tapar buratos e máis buratos nun barco que sen dúbida rematará no fondo da mar se seguimos neste camiño, as veces compre pararse nun punto da viaxe e facer arreglos na estructura antes que intentar seguir o ritmo do resto.
Galicia é un barco vello, que comezou con moita ilusión pero con carencias motivadas polas presas, que metían aqueles que decidiron escoller por todos, e que tras disfrutar da ilóxica galega durante uns largos anos(debemos se-lo único pobo que cando somos gobernados por alguén da terra recibe máis paos que axuda, eu llo achaco o costume xeral de quedar ben, como pasa co derradeiro bocado ó compartir comida e demáis), espertamos nunha España moderna sen disfrutar de ningunha mellora e co corpo magoado por estar nesa lista de comunidades con identidade propia que tanto queriase borrar nos anos precedentes. A esto podemoslle sumar o caracter, as costumes, a xeografía e mil cousas máis parar rematar de forma-la imaxen actual, cunha comunidade sen rumbo, a cola de España.
¿Temos futuro? Pois si, dende logo, todo o que queramos, sempre que avancemos na dirección correcta, temos que tentar de cambiar certas mentalidades no pobo (debemos motiva-la unión da xente e a creación de cooperativas), debemos reclamar que os nosos líderes potencien as áreas nas que somos fortes con grandes investimentos (somos grandes productores en leite, enerxía, alimentos, etc.) e busca-la evolución da tecnoloxía, xa que sen dúbida, ésta é o futuro; debemos xuntarnos para reclamar o estado español(sen ter en conta bandeiras nin partidos políticos) máis investimentos nas infraestructuras (punto no que somos os últimos de España) e unha maior defensa en Europa dos nosos bens (cando penso todo o que se loitou pola aceituna e o facilmente que se vendeu a cuota láctea férveme o sangue). Con estas bases poderíamos esperar un maior crecemento e soñar cun futuro a áltura da comunidade na que estamos.

Para rematar e mostrar un pouco a situación xeral en comparación co resto das comunidades(e se cadra espertar algunha conciencia durmida) so me cabe destacar:
-Galicia ten unha das dispersións de poboación máis elevadas e sin embargo as nosas autopistas son das máis caras, e a comunicación entre as grandes cidades e moi mala
-A infraestructura ferroviaria e malísima (usamos os trens que xa non se queren no resto de comunidades), e non disfrutamos de doble vía en casi ningún sitio, co que dispoñer duns cercanías de calidade é imposible
-A industria é casi inexistente e non se fixeron esforzos para mellorar a situación
-Un dos nosos maiores valores como é a producción de leite non foi debidamente defendido na Comunidade Europea

Pido a vosa colaboración para rematar esta lista...

miércoles, 20 de octubre de 2010

Folgas e varios

Facendo a miña viaxe diaria polos blogs que sigo, atopei unha interesante viñeta do gran JRMora que define de manera moi simple a realidade do noso país respecto das folgas e a vez fixo voa-la miña cabeza na busqueda dunha reflexión...

¿Que motiva a pasividade da poboación obreira a hora de movilizarse na contra das decisións dos gobernos?, sendo un pais abertamente crítico nas discusións diarias e cunha aberta pluridade de ideas ¿por que a hora de mostra-las e defende-las perdemos tódolos folgos?.
A verdade e que existen tantas teorias como prensa e pensadores hai, algúns botan a culpa a xeración nini, outros os sindicatos, outros o goberno, hainos que opinan que a xente xa non cree no poder da manifestación e outros din que os xoves de hoxe en día non estamos acostumados a loitar por nada; podería estar así eternamente e atopar razóns unha tras outra, se cadra ata unha por cada cidadán, quizáis incluso máis...
Recordo que cando era neno sempre me quería facer maior, que a xente me tratara como alguén maior, que me consideraran responsable e cando llo plantexaba o meu pai el sempre me dicia o mesmo, "tratareite como alguén maior cando sexas responsable das tuas accións". Se cadra é así de sinxelo, quizáis so buscamos culpables ou excusas, quizais é hora de que asumamos as nosas responsabilidades como adultos, polo noso ben, polo ben dos nosos e polo ben do futuro, se cadra abonda con facer autocrítica, se cadra cun pequeno esforzo sexa suficiente, por iso me propoño unha meta no meu camiño por mellorar, manifestareime cada primeiro mercores do mes, sen pancartas, sen eslogan, sen ruido so eu e aqueles que desexen unirse a min, as 8 da tarde, cunha bufanda vermella, na porta do concello da miña cidade, de cada cidade, por retificar as políticas e volve-las máis sociais, polo cambio dos políticos, dos sindicatos, da sociedade... porque se cadra SÍ se pode