miércoles, 20 de octubre de 2010

Folgas e varios

Facendo a miña viaxe diaria polos blogs que sigo, atopei unha interesante viñeta do gran JRMora que define de manera moi simple a realidade do noso país respecto das folgas e a vez fixo voa-la miña cabeza na busqueda dunha reflexión...

¿Que motiva a pasividade da poboación obreira a hora de movilizarse na contra das decisións dos gobernos?, sendo un pais abertamente crítico nas discusións diarias e cunha aberta pluridade de ideas ¿por que a hora de mostra-las e defende-las perdemos tódolos folgos?.
A verdade e que existen tantas teorias como prensa e pensadores hai, algúns botan a culpa a xeración nini, outros os sindicatos, outros o goberno, hainos que opinan que a xente xa non cree no poder da manifestación e outros din que os xoves de hoxe en día non estamos acostumados a loitar por nada; podería estar así eternamente e atopar razóns unha tras outra, se cadra ata unha por cada cidadán, quizáis incluso máis...
Recordo que cando era neno sempre me quería facer maior, que a xente me tratara como alguén maior, que me consideraran responsable e cando llo plantexaba o meu pai el sempre me dicia o mesmo, "tratareite como alguén maior cando sexas responsable das tuas accións". Se cadra é así de sinxelo, quizáis so buscamos culpables ou excusas, quizais é hora de que asumamos as nosas responsabilidades como adultos, polo noso ben, polo ben dos nosos e polo ben do futuro, se cadra abonda con facer autocrítica, se cadra cun pequeno esforzo sexa suficiente, por iso me propoño unha meta no meu camiño por mellorar, manifestareime cada primeiro mercores do mes, sen pancartas, sen eslogan, sen ruido so eu e aqueles que desexen unirse a min, as 8 da tarde, cunha bufanda vermella, na porta do concello da miña cidade, de cada cidade, por retificar as políticas e volve-las máis sociais, polo cambio dos políticos, dos sindicatos, da sociedade... porque se cadra SÍ se pode

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Recorda sempre que a única norma para comentar é respetar a tódolos/as usuarios/as