Mostrando entradas con la etiqueta Opinion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Opinion. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de diciembre de 2011

Volveu a dictadura

Contan os libros de historia e os meus maiores, que antes de que nacera existiron moitas dictaduras. Todas estas seguian un patron moi basico, unha persoa, apoiado nun exercito, roubaba o poder a un pobo e estableciase como unico mandatario, protector do reino e guia moral do pobo. Dabase a norma de que os dictadores habitualmente eran xente de corte conservador que non aceptaba cambios e que loitaba contra o distinto. Por ultimo destacaba entre eles a costume de establecer circulos cercanos cerrados onde congregrar o poder, que xa se sabe que a intelixencia e contagiosa e que os que mandan sempre saben escoller adecuadamente os amigos.
Todos estes periodos e dictadores destacaron polo retraso causado nos seus paises e polo sufrimento do seu pobo.
Vivimos no mundo global e ainda podemos comprobar a plaga que significa cada vez que un deles toma o poder. Africa e oriente exemplifican claramente todos estes males; pero ainda asi permitimos a sua existencia, por desinterese e abandono do pobo oprimido ou por intereses economicos, para roubar a riqueza do pais.
O 1° mundo, como alguns jactanse en chamar, esta enchido de orgullo por haber deixado atras esa epoca e saca peito o falar das suas democracias.
Pois ben, a democracia morreu, exemplos coma Grecia e Italia demostran que o pobo volveu ser roubado, que non teñen o poder. A crise economica demostra cada dia que surxiu un novo tirano, pero semella que non conseguimos darnos conta. Somos tan cadriculados que cando algo sae do patron establecido xa non aceptamos chamalo igual. Dende logo agora non hai home e non hai exercito como tales, non hai guerra nin armas; pero iso seria ser superficial. A persoa trala dictadura son os ricos, os donos das meirandes fortunas do mundo e das empresas mais importantes (bancos, aseguradoras, etc.), o seu exercito son os directivos e politicos que fan realidade as suas operacions, a guerra e esta loita co pobo, por retirarlle dereitos, por retirarlle poder, por escravizalos, e as victimas somos todos, xa chegan os mortos reais, pero sendo mais obxetivos vemos que non fan falla cadaveres, que cada parado mais, cada traballo mais precario, cada dereito perdido fai de nos unha victima mais.
Dixeron que o capitalismo nos salvaba de todalas dictaduras que equilibraba o mundo, q iamos ser mais felices. Todo era mentira, cada paso que demos nesa direccion achegoulles mais o seu obxectivo.

Hoxe hai toque de queda!!

VOLVEU A DICTADURA!!!

Salve o capitalismo!!

lunes, 16 de mayo de 2011

Spanishrevolution

Aproveitome dun ttopic que creo define perfectamente a realidade do que esta a pasares estes dias no noso pais. Pouco a pouco, de maneira lenta e calmada pero firme e imparable, a xente esta a despertar dun letargo demasiado longo e estase a botar a rua, seguindo o exemplo dos paises arabes (conservando sempre as distancias) queren reclamar a volta da democracia tanto tempo secuestrada por unha clase politica e uns lobbies empresariais cun poder demasiado corrompido e autoritario.

O exemplo mostrado por "uns poucos" que estan animando o resto e convencendoos de que e preciso esixir un cambio,  encheme de orgullo. Hai pouco tempo era das mentes que pensaba que a xente de hoxe en dia teria que perder ainda moito mais para volver a reclamar as rendas da sua vida. Trabuqueime! Pero e un erro tan delicioso que case fai que me saian lagrimas dos ollos!

Grazas a tod@s!!!

Cada dia que pasa alimenta as minhas esperanzas de que a minha filla poda vivir nun mundo mellor, de que poderei facer algo por cambia-lo actual para ela e paro todos. Gracias!!!

Por ultimo e como non podia ser doutra maneira Contade conmigo!!

domingo, 3 de abril de 2011

Libia

Pouco mais podo aportar a este conflicto que a minha opinion reflexada no anterior post. O que si queria matizar neste caso ou mais ben recordar e que, quen ahora e o obxetivo numero 1 para todos en occidente, un dictador e asesino, foi fai pouco tempo considerado aliado na rexion e fai un pouco mais de tempo era un protector de terroristas e obxetivo prioritario americano.

E raro para calquera aprender leccions eticas de quenes segun o crudo que estea na balanza decantanse por unha ou outra moralidade. Agora atacamos un dictador e chamamolo asasino, manha defenderemos a outro y chamaremolos "peza clave na rexion". De verdade estamos moralmente calificados pra intervir?

sábado, 2 de abril de 2011

O mundo en guerra

No ultimo mes estamos a ver protestas e revueltas no mundo pedindo liberdade. Atentos os que fan os libros de historia xa que semella que tocara reflexar outro paso axigantado na busqueda dun mundo mellor.

Alegrame poder comprobar que os pobos con menos liberdades estanse a mover na busqueda dun  futuro mellor para todos.

Agora adxunto a minha reflexion. E boa idea que os paises democraticos intervenhan nestes conflictos?. Duas caras:
-O normal seria apoiar todalas revoltas que busquen unha democracia coma forma de goberno. Se cadra seria o mellor caminho pero eso exise que a ONU encabece todalas intervencions en todalas revoltas por moi "amigo" que se considere o dictador de turno. E trala revolta faga supervision das primeiras eleccions e da primeira constitucion. Todo este belicismo traeria un coste humano elevado que os paises e pobos democraticos deberian pagar e aceptar por un futuro mellor ademais de que non se poderia intervir nas futuras decisions dos pobos democratizados.
-Cada pobo ten qye loitar polas suas liberdades. Neste caso os paises democraticos tenhen que aceptar o que pase nas revoltas e mirar cara outro lado. Se cadra vese unha decision cruel pero asi ocorreu nos nosos paises e ninguen veu a axudarnos. Podemolo chamar evolucion social.

Cal destes caminhos e a mellor solucion non se pode decidir con facilidade. A historia diria que o segundo pero neste caso os pobos xa foron influidos por nos. Manexan armas dunha destruccion moi superior que no noso tempo. Quizais terminar dunha vez o que comezamos a facer hai anos e conseguir democracia para todo o mundo sexa o mellor.
Mentres voltamos a mostrar a peor das nosas caras e facemos as cousas por interes. Intervir solo en Libia volve a dar unha penosa imaxe de occidente e volve dicir de nos que so nos move o peteoleo e o dinheiro.

Nolesvotes

Dende aqui mando o maximo apoio a este movemento. Fora da protesta en contra da lei sinde, creo que estase a convertir nun exemplo democratico de protesta, reflexion e libertade que facia tempo a xente necesitaba.

Sempre fun un pouco esceptico ante estes movemetos pois na minha vida puiden comprobar, e mais dende Galicia, que a xente e moi cobarde e o final termina cedendo e votando unhas cores en lugar dunas promesas ou ideais.

Confio en que acaden moito seguemento, confio en que non morra co tempo e sonho con que sexa a mecha dun cambio que coma noutros lugares do planeta, faga a xente darse conta da realidade e voltar a loitar polas suas ideas.

A lei Sinde

Fai xa tempo que non escribo nada. Non tenho escusas e espero poder ponherme o dia co blog.
Para comezar gustariame falar brevemente da Lei Sinde.

He unha vergonha e dende logo un acto anticonstitucional que unha serie de politicos decidan defender os dereitos dun lobby empresarial antes cos dos seus representados. Coma sempre teremos que esperar anos antes de darnos conta do verdadeiro alcance desta lei, xa que ainda hai xente que considera que o relacionado con internet non lle afecta e non son capaces de ver que a lei aprovada pode estar a altura das primeiras leis promulgadas en contra da liberdade de expresion e de pensamento.

Demostremos o noso enfado con estes partidos apoiando a nolesvotes e mostremoslles os actuais politicos que ainda pensamos e decidimos coma individuos