Mostrando entradas con la etiqueta Desastre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Desastre. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de abril de 2011

Fukushima

Sempre sorprendeume a facilidade da sociedade pra esquecer e seguir adiante. Pareceme unha habilidade unica e inestimable nalguns casos e sorprendentemente hipocrita na maioria deles.

Apenas fai un mes os periodicos de medio mundo ocupaban as suas portadas con fotos e relatos da crisis mundial, provocada polas explosions na central de Fukuxima. Foron longos dias nos que se transmitia a impresion de inquedanza, de urxencia, de desastre... A dia de hoxe e estando o problema moi lonxe de calquera solucion, as noticias abandonaron completamente a Fukuxima da sua actividade diaria, so quedan pequenos comentarios para rechear telediarios que non fan mais que sobrevoar as novas.

Fukuxima segue morrendo, segue danando o planeta, segue a modifica-la vida dun pais e do seu futuro pero xa non e noticia, o suspense desapareceu e coma se dunha mala novela de misterio se tratase, unha vez resolta a trama xa non hai motivo de seguir a ler a historia.
A verdade e que os maiores interrogantes seguen sin resolver ¿canto se tardara en recuperar a zona? ¿existen culpables da catastrofe? ¿hai mais centrales en risco?... Son cuestions sin resposta que ninguen plantexa xa, porque hoxe en dia os periodistas son expertos en vender historias coma os bos literatos e a verdade xa non vende, o que vende son as historias e desta xa se sabe a fin.

domingo, 3 de abril de 2011

Xapon

Non tenho palabras suficientes para describir o sentimento que me provocou o sucedido en Xapon. Un pobo xamais deberia sufrir tan amargamente, tan profundamente.

A natureza volvenos mostrar a mais dura realidade, a realidade da nosa debilidade, o noso lugar dentro do mundo e o seu poder mais absoluto. Debemos mostrar a nosa soidaridade co pobo xapones, cun pobo que sufre e intenta manterse erguido tras un golpe tan duro.

Sintoo moito!